28.-REFEITAS DE COMPRESAS.

De lavados de Matico, de Visco, de Ortigas, de Sabugueiro, de Tileiro, e de Alholva para furúnculos e inflamacións.


MOITO COIDADO: Nestes últimos anos o uso dos antibióticos sintéticos aumentou un 30%, isto debese a automedicación e a crenza de que moitas veces os antibióticos son medicamentos que serven para todo. Os antibióticos sintéticos deben ser utilizados nos casos que sexan realmente precisos. Aquí falarase dos beneficios que nos dan as plantas medicinais.
ATENCIÓN: Herbas que poden complica-las cirurxías: Algunhas plantas ou herbas medicinais poden ser nocivas para o organismo de persoas que teñen que someterse a cirurxías, de acordo cun estudio feito na Universidade de Chicago. O director do estudio, Michael Ang Lee, explica que aínda que non se pon en dubida a capacidade curativa de moitas plantas hai algunhas que deben evitarse antes e despois dunha cirurxía, tal como é o caso da equinacea, que produce un efecto estimulante no sistema nervioso ou do efecto anticoagulante do allo que impide que as plaquetas se xunten. Foron identificadas 8 plantas que poden inferir negativamente nunha intervención cirúrxica: equinacea, allo, ginseng, kava, valeriana, herba de San Xoán, ginko e efedra.
-de lavados de Matico: Coa infusión ou un cocemento de Matico empapase un pano limpo e colocase sobre da ferida, afirmándoa cunha venda. É outro xeito de aplicar na curación de feridas.
-de Visco: Ingredientes: Visco e Auga. Facemos un cocemento de Visco. Botamos o Visco nun cazo con auga poñémolo a ferver. Empapamos un trapo ou compresa no cocemento do Visco, e envolvémolo, ben mollado, na zona na que se desexe quitar o pelo. Hai que deixalo actuar toda a noite. Baixa o exceso de presión arterial e regula o ritmo cardíaco. É antiepiléptica e antirreumática.
-de Ortigas: Empapase unha compresa con tintura e aplicase sobre das articulacións afectadas por artrites ou gota, e para neuralxia, distensións, tendinites e ciática.
-de Sabugueiro: Empapar un pano limpo ou algodón cunha infusión de flores de Sabugueiro e aplicar sobre das lesións. No caso de conxuntivites o líquido tamén se pode usar para lavados. Usado para baixar a feble e curar lesións infecciosas da pel.
-de Tileiro: Xa sexa para afeccións da pel ou para beleza, empápanse compresas nunha infusión de 100 g de flores de Tileiro por litro de auga, que se mudan cada 5 minutos. Aplica-las diariamente 2 ou 3 veces.
-de Alholva para furúnculos e inflamacións: Ferver unha presa de sumidades florais de Alholva nunha pequena cantidade de auga deixando que se evapore o líquido. Distribuí-las flores fervidas sobre dunha gasa e aplicar quente sobre da parte a tratar.

También podría gustarte
Comentarios