Un ano máis As Pontes e Lesneven renovan os seus lazos de amizade cun novo intercambio de cidadáns que se celebrará na cidade bretoa entre o 2 e 12 do vindeiro mes de agosto.
Parece que foi onte, pero xa pasaron 23 anos dende que os alcaldes de entón, Aquilino Meizoso e Jean Boulic, asinaran a acta de irmandade entre as dúas cidades no ano 1991. Dende aquel ano lévanse realizado 25 encontros cunha participación de máis de mil cincocentas persoas de tódalas idades.
Os interesados neste novo encontro ou recibir información poden poñerse en contacto coa Irmandade As Pontes Lesneven Carmarthen, entidade cultural organizadora dos encontros de cidadáns europeos dende 1991 dentro dos programas promovidos pola Unión Europea. Poden facelo chamando ó teléfono 662.393.596 ou a través do correo-e irponlescar@hotmail.com.
Calquera persoa pode participar na viaxe a Lesneven, sexa membro ou non da Irmandade e incluso de fóra de As Pontes, como xa teñen participado en encontros anteriores veciños da Coruña, Santiago, Ourense, Ferrol, Narón, Cerdido.
O programa oficial aínda non está confirmado polo Comité de Jumelage de Lesneven, asociación correspondente á Irmandade pontesa. Pero, ademais da habitual recepción no Concello (Mairie) e a visita ó mercado semanal da cidade, haberá varias excursións para coñecer o país bretón, actividades culturais e deportivas e días libres para convivir coas familias de acollida.
No ano 2015 o intercambio corresponderá na vila de As Pontes e no 2016 celebrarase en Lesneven o 25º Aniversario do irmandamento entre as dúas cidades cun intercambio especial.
Novas
- RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA 1ª REGATA DO III CIRCUITO PROVINCIAL DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
- O Dragon boat de Folixa na TVG
- Copa de España Dragon Boat Nautico Folixa
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE XOVENES PROMESAS.
- Curso de micro:bit
- ALBA ABRIL E MARÍA LEFLER DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES, CAMPEONAS DE ESPAÑA FEMENINAS
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K-1 NA CATEGORÍA INFANTIL.
- Novo récord Galego de Gonzalo Iglesias Gómez
- LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO DE PIRAGÜISMO
- NOTA PRENSA CR FENDETESTAS
También podría gustarte
Comentarios