O “EQUIPO DE REGATAS OBRADOIRO CR” FINALIZA O MUNDIAL DE VELA VAURIEN NO POSTO 46

Os ponteses Chucho Suárez e Yoli Chao, integrantes de “Equipo de Regatas Obradoiro CR”, acadaron o posto 46 no Campionato Mundial de Vela Vaurien 2016, en Viana do Castelo, que se disputou na cidade lusa do 23 ó 30 de xullo.

Os ponteses Chucho Suárez e Yoli Chao, integrantes de “Equipo de Regatas Obradoiro CR”, acadaron o posto 46 no Campionato Mundial de Vela Vaurien 2016, en Viana do Castelo, que se disputou na cidade lusa do 23 ó 30 de xullo.

Trátase dunha das competicións máis importantes, dentro da vela lixeira e da máis relevante na Clase Vaurien, na que a tripulación holandesa, formada por Michiel Sickler e Kristy de Leeuw, acadou o trunfo.

Os deportistas máis destacados desta modalidade competiron nunhas condicións duras físicamente, con moito vento e moitas ondas, que ademáis de poñer a proba as capacidades dos regatistas contribuíron á espectacularidade do campionato mundial. O vento mantívose ata o último día de regata, no que os barcos non puideron saír á auga debido á intensa néboa en Viana do Castelo.

Chucho e Yoli consolidáronse como parella deportiva neste Mundial de Vela Vaurien, no que demostraron que forman un equipo de regatas sólido no que souberon combinar as súas diferentes traxectorias deportivas, a pesar de que só participaran xuntos en dúas competicións previas: na Copa de España (Vigo) e no Campionato Ibérico de Vela Vaurien (Extremadura), no que acadaron o 5º posto.

Luis (Chucho) Suárez, á caña do vaurien é un experto navegante, metade tinerfeño e metade pontés. Leva competindo na vela lixeira 25 anos e, con este, xa son 4 os Campionatos Mundiais de Vela Vaurien nos que participa: Sneek (Holanda), Leça da Palmeira (Portugal) e Laredo (España), no que acadou o posto 21.

Ademáis, Chucho Suárez, é profesor de vela e adestrador para a competición no Clube de Vela Fluvial As Pontes.

Yoli Chao, a proel, é a primeira pontesa en participar no Campionato Mundial de Vela Vaurien. A pesar da súa curta traxectoria deportiva, debido a que leva un ano na competición autonómica e nacional con diferentes equipos, xunto a Chucho Suárez acadou o 5º posto no Campionato Ibérico de Vela Vaurien, en Extremadura. Agora, ámbolos dous suman ás súas traxectorias este posto 46 no Campionato Mundial de Vela Vaurien, en Portugal.

Chucho Suárez e Yoli Chao son socios do Clube de Vela Fluvial As Pontes e son navegantes habituais no Lago de As Pontes, onde se adestraron de cara a esta cita deportiva.

Para facer posible esta participación no Mundial de Vela Vaurien, na que Chucho e Yoli se embarcaron, acadando o posto 46 do mundo, “Equipo de Regatas Obradoiro CR” contou co apoio de diferentes entidades: Turismo As Pontes, Óptica Cortizas Centro Auditivo, Bar Labrego, Bar Botellería, Bar Deportivo Date el Gustazo Playa, Deportes Lecar 712, Mesón 7 Camiños e Obradoiro CR.

También podría gustarte
Comentarios