Amigus
As Pontes

A CMT expedienta ó Concello de Atarfe por ofrecer Internet gratis

Lendo libertaddigital.com:
“A Comisión do Mercado de Telecomunicacións (CMT) abriu un expediente sancionador contra o Proxecto Atarfe, do que é titular o Concello desta localidade granadina, ante as denuncias recibidas por distorsiona-lo mercado. Os denunciantes acusaban ó consistorio de estar a prestar servicio de acceso a Internet a traveso dunha rede inalámbrica con tecnoloxía wifi de forma gratuita e sen ter en conta a normativa vixente.”…


…”Segundo informa a CMT nunha nota de prensa, a empresa Proxecto Atarfe é presunta responsable directa dunha infracción administrativa moi grave na explotación de redes ou a prestación de servicios de comunicacións electrónicas sen cumpri-los requisitos esixibles para realizar tales actividades.
A xuizo da CMT, Proxecto Atarfe presuntamente iniciou a explotación dunha rede e a prestación de servicios de comunicacións electrónicas sen a preceptiva notificación á CMT. A compañía ten como único accionista ó Concello de Atarfe, sendo o alcalde desta localidade granadina, á súa vez, conselleiro e presidente do consello de administración da citada entidade mercantil.
O Concello de Atarfe fora denunciado pola empresa TV Atarfe por estar, ó seu xuizo, incumprindo a normativa vixente e a esta denuncia sumouse, posteriormente, outra contra o mesmo Concello por parte da Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións e Servicios de Internet (Aotec).
A CMT pronunciouse fai case un ano en canto ás condicións regulatorias que teñen que cumpri-los Concellos, empresas municipais e demás entidades públicas para a prestación de servicios e explotación de redes, ó responder a unha pregunta formulada polo consorcio local Localret sobre o título preciso para este tipo de entidades para o establecemento e explotación de redes e prestación de servicios de telecomunicacións. Na resolución advertiase que a realización destas actividades de forma gratuita podería, a priori, producir distorsións á libre competencia no servicio de acceso a Internet e na explotación de redes públicas de telecomunicacións.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios