A OSL da UDC publica vídeomanuais básicos de aplicativos libres

Lendo mancomun.org:
“A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña vén de publicar na súa web unha nova sección denomina Videomanuais. Con esta nova sección a OSL da UDC pretende ser fiel ao seu obxectivo de axudar aos novos usuarios no seu achegamento ao software libre facilitándolles o cambio cara estas novas tecnoloxías dunha forma áxil e sinxela.
Sección de videomanuais da OSL da UDCOs videomanuais elaborados pola OSL consisten en vídeos curtos, de menos 10 minutos, nos que se amosa como se realizan pequenas tarefas básicas nos aplicativos libres máis empregados. “…
videomanuais.png


Máis información en mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios