Amigus
As Pontes

ACTUACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL NO TROFEO “FARO DE OZA”

Os pasados sábado 12 e domingo 13 de marzo celebrouse na bahía da Coruña, organizada polo Club Marítimo de Oza “O Puntal” para as clases 4.20 e Vaurien, a regata “Trofeo Faro de Oza” clasificatoria para o Campeonato Galego de ambas clases.

Os pasados sábado 12 e domingo 13 de marzo celebrouse na bahía da Coruña, organizada polo Club Marítimo de Oza “O Puntal” para as clases 4.20 e Vaurien, a regata “Trofeo Faro de Oza” clasificatoria para o Campeonato Galego de ambas clases. Solleiro fin de semana, cun vento máis que aceptable que fixo as delicias dos regatistas especialmente na xornada do sábado.

O Club de Vela Fluvial presentou 2 tripulacións na clase Vaurien compostas por Marco Prieto/Manuel Bermúdez e Miguel Ferreiro/Yolanda Chao que acadaron o 10º e 9º posto respectivamente.

O dominio da regata foi total das tripulacións do Real Club Náutico de Vigo, que se alzaron cos primeiros podios en ambas clases. No que respecta á clase Vaurien, o primeiro podio ocupárono Pablo Cabello e Javier Lago, del RCN de Vigo. A segunda e terceira prazas foron respectivamente para as tripulacións formadas por Alejandra Suárez e Adriana Martínez, así como por Alberto Viejo e Kevin Simón Figueiras, todos eles tamén do RCN de Vigo. Ademáis, estos dous últimos gañaron o primeiro posto de xuvenil para esta clase.

Durante a xornada do sábado disputáronse un total de 3 mangas, e ainda que se deu a saída a unha cuarta ésta foi suspendida na segunda ceñida por falta de luz ó coincidir coa caída do sol. O vento de NE de 20-22 nos e as ondas de ata 2 metros foron o esceario no que se disputaron estas mangas. Cabe destacar nesta xornada de sábado o 5º posto conseguido na segunda manga pola tripulación Miguel Ferreiro/Yolanda Chao.

Na xornada do domingo o vento fíxose derrogar, pero tras unha espera de máis de duas horas e media a que éste se entablase, puidose realizar unha manga con vento NE de 15-16 nos.

Tras esta regata o Club de Vela Fluvial As Pontes colócase como o terceiro de Galicia na clase Vaurien, tras o Real Club Náutico de Vigo e o Real Club Nautico Rodeira de Cangas.

A vindeira cita para o equipo de regatas da clase Vaurien do club pontés será en Semana Santa no Campeonato de España que se celebrará en Cangas do Morrazo, no que de momento xa está confirmada a participación das tripulacións Chucho Suárez/Rosalía Paredes e Miguel Ferreiro/Yolanda Chao.

Fotos cortesía de Alfonso Rodríguez e Gabriel Bussi

También podría gustarte
Comentarios