Amigus
As Pontes

DEBUT DO EQUIPO DE REGATAS DA CLASE OPTIMIST DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES

Os pasados sábado 12 e domingo 13 de marzo celebrouse na bahía da Coruña, organizada polo Club Marítimo de Oza “O Puntal” para as clases 4.20 e Vaurien, a regata “Trofeo Faro de Oza” clasificatoria para o Campeonato Galego de ambas clases.

O pasado fin de semana, os días 27 e 28 de febreiro, celebrouse no Club Marítimo de Oza “O Puntal” da Coruña a Copa Galicia 2016 da clase Optimist na que o Club de Vela Fluvial As Pontes, por primeira vez na súa historia, participou nunha regata de esta clase, sendo Carla Pérez e Javier Martínez os regatistas encargados de facer este debut na categoría “Noveles”. Non puido acudir a esta cita Álvaro García, outro dos compoñentes do noso equipo de regatas da clase optimist.

Quen si participou, tamén nesta mesma categoría “Noveles”, foi a coruñesa Alba Díaz regatista formada na Escola de Vela do club pontés e que este ano pasou ó club anfitrión desta regata, o Club Marítimo de Oza “O Puntal”.

Participaron regatistas, ademáis do CVF As Pontes, do Club Náutico de Castrelo de Miño, Monte Real Club de Yates de Bayona, Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club Náutico de Vigo, Real Club Náutico de La Coruña, Club de Mar de Aguete, Club Náutico de Rodeira, Club Náutico de Riveira, Real Club Náutico de Portosín, Club Marítimo de Canido, Grupo Bazán de Ferrol, e dos organizadores Club Marítimo de Oza “O Puntal”.

O temporal que pasou durante a pasada semana por toda a península fixo que os peores pronósticos se cumplisen para a xornada do sábado e ésta foi suspendida polo aviso de alerta laranxa en todo o litoral galego, polo que os 133 regatistas inscritos quedaron en terra.

A xornada do domingo non empezou mellor para os nosos regatistas. Ás 11:00 hs., puntualmente segundo a programación da regata, deuse sinal de entrada á auga os grupo Ouro (lazo amarelo no mastro) e Prata (lazo azul no mastro), pero os “Noveles” quedaban en terra por razóns de seguridade dado que o vento rondaba os 20 nudos e complicaba a navegación destos regatistas que participan por primeira tempada no Sistema Clasificatorio.

Casi tres cuartos de hora máis tarde, coa caída do vento ós 7 nudos, deuse sinal de entrada ós “Noveles”. Con todos estos regatistas xa na auga e preparados para posicionarse en liña de saída o vento comenzou a subir de novo, chegando ós 20 nudos (con rachas que superaron esta intensidade) ó que había que sumar o mar que se estaba formando con olas de 2-3 metros. Ante esta situación, e de novo por motivos de seguridade, o Comité de Regatas decidiu mandar os “Noveles” a terra e suspender definitivamente tamén a xornada de domingo para estos regatistas.

Deste xeito os nenos adestrados por Chucho Suárez tiveron un debut agridoce posto que non tiveron a oportunidade de competir. A vindeira cita para estes xovencísimos regatistas será na Regata Clasificatoria de Portosín, os vindeiros 16 e 17 de abril.

También podría gustarte
Comentarios