Amigus
As Pontes

ACTUACIÓN DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO NO TROFEO MARINEDA ATLÉTICO RAMÓN TASENDE

O equipo pontés de Atletimo desprazouse á localidade herculina, onde acadaron tres pratas e catro cuartos postos.

Esta fin de semana oito competidores do Clube Atletismo Olympo desprazáronse ata a cidade da Coruña para a disputa do Trofeo Marineda Atlético, nas pistas de Elviña, nun día soleado.

Acadaron a medalla de prata, Antonio Graña en 500 Benxamín, Paula Criado en 500 Alevín, e a gran Susana Castro en salto de altura. Tamén foi cuarta nos 400 metros valados.

Tamén acabaron na cuarta praza, preto do podio, Héctor Mieres, en 500 Alevín, Antón García en 500 Infantil. Carla Franco foi cuarta en salto de altura xuvenil, e sexta en 400 metros valados da mesma categoría.

Lucía Vila foi novena en 500 Alevín e Carlos Fernández, decimonoveno nos mil metros xuvenil.

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

También podría gustarte
Comentarios