As obras seguen a bo ritmo á espera da autorización de A Mourela
[La Voz de Galicia] As obras no traxecto da mesma autovía AG-64 que comunicará As Pontes e Cabreiros, o penúltimo a executar antes de concluír a totalidade da infraestrutura, continúan cunha boa marcha agás no lugar coñecido como A Mourela, onde a empresa adxudicataria dos traballos agarda pola autorización da Consellería de Cultura para obrar na zona, tras o achádego dun suposto círculo lítico que está a ser estudado polos servizos técnicos de Patrimonio para determinar si este xacemento histórico obrigará a modificar ou non o trazado do vial.
Polo de agora, as grandes actuacións neste treito son a construción de dous grandes viadutos. Un deles é o que cruza o río Eume a unha altura de case cen metros sobre un escarpado val. A obra está xa en execución. Por outra banda, o proxecto inclúe tamén unha ponte sobre o río Lavadoiro que abrangue unha lonxitude de 228 metros que, sumados ao do Eume, fan un percorrido de 1,2 quilómetros.
Despois só haberá que esperar a ver a reanudación das obras en A Mourela ou ben a modificación do proxecto para esquivar o citado xacemento a estudio polos técnicos da Consellería e o comité pontés formado para defender este patrimonio.