CARTA PARA O ALCALDE DAS PONTES, por Ribeira

Como veciño Das Pontes , que cré na participación na vida social e polo tanto politica , por medio da democracia participativa , donde os politicos , ademais de presentarse a unhas eleccions con programas determinados, tamén se presentan ( casi sempre ) vaixo unhas siglas de organizacions politicas , polo tanto , dende o meo punto de vista , ademais de intentar facer o compromiso electoral dos programas , tamén representan unha determinada ideoloxia politica , polo que teñen a obriga de transformar a sociedade , unha sociedade mais xusta , mais igualitaria , con mais servicios sociais e públicos etc ( dende a ideoloxia da esquerda ) para que a socidade poida ser mais feliz, sobre todo neste momento desbocado.
A miña sugerencia ao concello Das Pontes é que entrase os coches pola Avd da Habana , e salisen pola Avd de Ortigueira , ousexa facer direccion única , xa que gañariamos en aparcamento e en seguridade e tamén en promocionar andar en medios de transporte non contaminantes , facendo un carril bici para que toda a xente da zoa dos poblados , Fraga , Barreiro e ruas lemitrofes poidesemos pasear e facer a compra en bicicleta , potenciando este medio de transporte .
Xa sei que todo cambio de norma e sempre criticable , pero como dixen antes , a sociedade tense que ir transformando e as organizacions politicas ser mais coherentes co que se predica.
Incluso dende o concello podian mercar unhas bicis e poñelas o lado do kiosco do Barreiro controladas polo mesmo señor que atende o kiosco esta idea por suposto terian que falar co señor do kiosco , ou outra idea similar .
Con esta carta non pretendo dar leccions a NINGUEN de NADA , simplemente e unha idea dun veciño . Un saudo

También podría gustarte
Comentarios