Amigus
As Pontes

Convocatoria de subvencións para FESTAS PARROQUIAIS E DE BARRIO do concello de As Pontes para o ano 2012.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Concello de As Pontes. Aberto o prazo de presentación de solicitudes, que rematará o día 15 de Outubro do presente ano. A continuación, as bases.


Prazo de solicitude: Rematará o 15 de outubro de 2012
Presentaráse xunto coa solicitude os seguintes documentos:

– Fotocopia da tarxeta do CIF da entidade compulsada.

– Certificación dos datos bancarios da entidade, segundo modelo aprobado polo Concello.

DOCUMENTO IMPRESO DE SOLICITUDE ANEXO:

– Presuposto de gastos e ingresos do programa presentado. Neste presuposto detallarase a natureza do gasto no que se aplicará a subvención.

– Programa de actividades proposto para a celebración da festa.

– Datos do representante da comisión de festas para a súas relacións co Concello de As Pontes.

– Declaración do representante de:

. Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública e da aceptación das bases da convocatoria.

. Que a entidade está ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello.

– Autorización do representante da comisión ao Concello a obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesorería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. En caso negativo a entidade deberá entregar as certificacións requeridas.

– A documentación que se entregue en fotocopia deberá chegar debidamente compulsada.

O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base deberá ser enmendado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.
Prazo de xustificación: Ata o 30 de novembro de 2012.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios