Amigus
As Pontes

El Prado xunta por primeira vez en España tres obras de El Greco concebidas para a mesma capela

Lendo elmundo.es:
“O Museo do Prado expón tres obras de El Greco pintadas para a mesma capela pero que permaneceron separadas 400 anos. A Virxe da Inmaculada Concepción, considerada unha das obras mestras do pintor foi reunida con dúas imaxes de santos deseñadas para acompañala na Capela Oballe de Toledo.”…


…”José Álvarez Lopera, organizador da exposición, considerou que ‘é un privilexio para o público do século XXI contemplar un conxunto roto dende o século XVII’.
Domenikos Theotokopulos, coñecido como El Greco, comenzou o trío en 1607 para decorar unha capela de Toledo, cidade na que realizou a maioría das súas obras.
Ó artista, xa ancián, levoulle seis anos remata-lo óleo sobre lenzo da Virxe, que rematou un ano antes de morrer en 1614. A pintura, de 3,48 metros de alto, que amosa a Virxe acompañada por dous anxos e un coro de querubíns, é considerada o mellor traballo dos últimos anos de El Greco.
Para ser colocadas a cada lado da obra, o pintor, tamén realizou dous retratos de corpo enteiro de San Pedro e San Ildefonso, deseñados de tal maneira que a luz parece provir de donde a Virxe debería atoparse.
Unha disputa sobre o pago dos traballos e unhas instruccións confusas no testamento de Isabel de Oballe, a muller que encargara as obras, provocou que as imaxes dos santos nunca tomaran o seu lugar xunto á Virxe.
A Inmaculada Concepción permaneceu en Toledo e se exhibe nun museo da cidade, mentras que os santos acabaron nunha colección exposta no Escorial. As tres obras xa puideron verso xuntas en Nova York e Londres.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios