Amigus
As Pontes

‘Eu declararía BIC todo monumento megalítico’

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[A Nosa Terra] Así de rotundo se amosa o profesor da Facultade de Historia da USC, Antón Rodríguez Casal, quen asegura que non só a Costa da Morte é rica en patrimonio megalítico.


Rodríguez Casal, que ten publicado varios libros sobre o fenómeno megalítico e é director do Grupo de Investigación ‘Arqueoloxía e ecoloxía do fenómeno megalítico galego’, asegura que se a declaración BIC supón a “máxima protección” dos xacementos arqueolóxicos, terían que ser declarados como tal todos os existentes en Galiza.
“Cal é o parámetro que se utiliza para declarar BIC 20 castros, un conxunto de petroglifos e os túmulos da Costa da Morte?”, pregúntase. En declaracións a ANT Diario, Rodríguez Casal critica que só se tenten protexer aqueles xacementos escavados. “Precisamente os que non están traballados son os máis necesitados de protección”, apunta.
Monumentos do interior
En todo caso e aínda que valora a decisión de Cultura de protexer cámaras megalíticas da Costa da Morte, subliña que nos 13 concellos que abarcan esa comarca hai 310 mámoas, fronte as 1.150 da provincia de Lugo ou as 50 que hai en Monte Caveiro, entre Vigo e Redondela.
Neste senso, quere deixar claro que dólmenes como o de Dombate non son os “máis importantes” do país. “Por que non se fala do conxunto de Santa Mariña ou non se declaran BIC o conxunto de 13 túmulos da Fonsagrada ou as necrópolis de Monte da Morá, A Millarada ou a Mámoa de Rita, de tres metros de alto?”, insiste.
Por iso, destaca a importancia dos túmulos das provincias do interior e subliña que, historicamente, en Galiza, as investigacións do fenómeno megalítico se centraron, principalmente, na franxa atlántica, entre Vigo e Ferrol.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios