Excluídos das oposicións a mestre por aforraren papel (e/ou por usaren GNU/Linux?)

Lendo agnix.org:
“Baixo este incríble titular o xornal dixital galego Vieiros sinala que centos de aspirantes foron eliminados por defectos de forma como imprimir as programacións a dobre folla ou non usar Window$, acusa o STEG.


…”A polémica chegou á maior convocatoria da historia de postos de traballo para o ensino público, en marcha esta semana. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) denuncia que a Xunta excluíu a centos de aspirantes por defectos de forma. Imprimir as programacións a dobre cara ou usar ‘sistemas operativos libres’ para redactalas son algún dos motivos, di o sindicato.
É máis, o STEG acusa á Consellería de Educación de permitir que non haxa un criterio común nos diferentes tribunais. Así, algúns aspirantes que presentaron a programación con defectos de forma foron excluídos; o que no caso dos interinos implica a perda do seu posíbel posto de traballo. Noutros casos, o tribunal deulles un cero, pero poderán seguir opositando.
Ante esta situación, o directivo do Sindicato Xosé Cabido acusa á Xunta de crear un auténtico barullo nas oposicións e pide que Educación chame aos tribunais a actuar con flexibilidade cos defectos de forma. Pola súa parte, a Consellería insiste en que os tribunais teñen autonomía para aplicar a convocatoria. Tamén indica que axustar a programación á forma especificada é un requisito.
É un problema de imprimir dende Linux?
Algúns aspirantes foron eliminados por imprimir as súas programacións a dobre cara, en 30 folios no lugar dos 60 que pedía a Xunta. O directivo do STEG argumenta que non ten sentido castigar aos aspirantes por aforrar papel cando, de aprobar a oposición, deberían ensinar aos nenos a respectar o medio mediante o consumo responsábel. Ademais o número de caracteres é o mesmo, sexa a dobre cara ou non, quéixase Cabido.
O Sindicato tamén indica que houbo varios casos de suspensos por non ter feita a programación na letra Arial de Windows e facela en sistemas operativos libres. O certo é que a Arial é unha tipografía igual en todos os sistemas, pero, segundo explica o deseñador gráfico Óscar Otero, pode imprimirse de forma lixeiramente diferente en función do programa usado, sexa este de Windows ou de Linux.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios