Amigus
As Pontes

EXTRAORDINARIOS RESULTADOS PARA O CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NA XX REGATA VILA DE AS PONTES.

Pablo e Isabel Cabello vencedores absolutos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Club de Vela Fluvial As Pontes pechou agosto coa organización da XX edición da Regata Vila de As Pontes, de carácter clasificatorio para o ranking galego, e que se disputou no Lago de As Pontes os pasado 31 de agosto e 1 de setembro.

Participaron representantes do Club Náutico Ría de Ares, Real Club Náutico de Vigo, Club Náutico de León, Sección de Vela do Grupo Bazán Ferrol e do club de vela pontés.

Estaba prevista a disputa de 6 mangas, 3 para o sábado e outras 3 para o domingo, pero finalmente quedaron 2 dúas sen disputar posto que a excesiva intensidade do vento reinante o domingo obrigou a suspender a regata ó finalizar a primeira manga.

Na xornada de sábado, cunhas condicións extraordinarias de vento e temperatura deuse unha competición vibrante e moi igualada. 

Na primeira manga Paula e Paloma González impoñíanse con moita autoridade sobre todos os seus rivais. Tras unha volcada da parella formada por David García e María Lefler, final apretado entre o Castilla León es Vida de Pablo e Isabel Cabello e o Vifrauto Iveco de Javi Martínez e Nano Torres, que se resolvía a favor dos primeiros.

Na segunda manga o Castilla León es Vida parecía entonarse e colocábase na cabeza da regata, posto que conservaría ata o final, por diante das irmáns Paula e Paloma González e de, esta vez si, David García e María Lefler que eran terceiros. Sensacionales estiveron tamén nesta manga as pontesas Ana Torres e Carla Pérez que co seu Concello de As Pontes cruzaban a línea na cuarta posición a pesar da rotura da base de apoio do seu mástil.

Na terceira e última manga do sábado novo duelo entre Pablo e Isabel Cabello con Paula e Paloma González, guerra de viradas final e victoria axustadísima para o Castilla León es Vida dos Cabello.

Con todo por decidir as diferencias eran dun punto entre os primeiros clasificados, Pablo e Isabel Cabello,  e os segundos clasificados, Paula e Paloma González, e de catro puntos entre o terceiro e o quinto. Polo que a xornada do domingo se tornaba especialmente emocionante polas disputas de cabeza.

A xornada do domingo amenceu nubrado e con vento forte, a regata prometía, e tocaba colgar a tope e volcar. Moi cedo as irmáns González, posiblemente as máis fortes con esas condicións, terían unha avería que finalmente resultou determinante na clasificación xeral, e a duras penas deron acabado a manga en terceira posición. Por diante delas regatón de David García e María Lefler que se marcaron un magnífico primeiro posto por diante do Castilla León es Vida de Pablo e Isabel Cabello.

Sensacionales estiveron tamén as xovencísimas Alba Díaz e Carmela Docampo que finalizaron en cuarta posición tras unha planeadas brutales.

A partir desta manga a xornada complicouse cada vez máis. Con rachas por enriba dos 20 nós e roles de 20-30 grados a navegación no lago pasou de espectacular a casi imprudente, así que o Comité de Regatas con moi bo criterio decidiu conservar a flota e dar por concluida esta XX Regata Vila de As Pontes.

Finalmente os vigueses Pablo e Isabel Cabello deron mantido esa vantaxe dun punto sobre as súas compañeiras de equipo as irmás Paula e Paloma González, proclamándose campeóns absolutos desta XX Regata Vila de As Pontes.

En segunda posición mantiveron tamén o seu posto  Paula e Paloma González, e a terceira posición foi para o asturiano do CN León e a pontesa María Lefler.

Na categoría feminina, Paula e Paloma Gonzalez subiron ó máis alto do podium, ocupando o segundo caixón as regatistas do Club de Vela Fluvial As Pontes Alba Díaz e Carmela Docampo. As súas compañeiras de equipo Ana Torres e Carla Pérez subiron ó terceiro caixon, pechando unhos excelentes resultados para o club pontes nesta categoría.

Por último na categoría xuvenil repetiron primeiro posto as viguesas Paula e Paloma González, sendo segundos os ponteses Javi Martínez e Nano Torres, coas súas compañeiras de club Alba Díaz e Carmela Docampo na terceira posición.

Fotos cortesía de Raimundo Carballo
Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios