Mugardos levará o Internet á zona rural cunha rede sen fíos

O Concello de Mugardos ofertará aos seus veciños das parroquias rurais a posibilidade de sumarse a un programa piloto da Deputación provincial polo que conseguirán unha conexión gratuíta a Internet a través dunha rede sen fíos Wifi. O proxecto, que consistirá nunha campaña de proba que se desenvolverá no municipio ata o mes de xullo, entrará en funcionamento a vindeira semana, despois dunha charla informativa que acollerá o salón de plenos do Concello mañá, ás oito da tarde, na que se explicará aos veciños interesados en sumarse á iniciativa o sistema que se vai empregar.


Con isto, aqueles mugardeses que se apunten previamente recibirán os dispositivos de conexión precisos para conectarse naquelas zonas nas que a calidade do sinal de ADSL non é suficiente para cubrir as súas necesidades, e tamén se lles instruirá sobre o uso dos mesmos. Os interesados tamén poden apuntarse chamando ao número de teléfono 981 470 338, na extensión número oito.

También podría gustarte
Comentarios