Nota de prensa BNG: Festa IBIcenca

Nota de prensa do mes de outubro do BNG

A obsesión polas festas do goberno(?) municipal xa non é motivo de discusión, até os máis amigos xa o denuncian; pódese afirmar que cada concelleiro ou concelleira do Psoe ten organizada, cando menos, a súa propia festa, e non estamos a falar só das dedicacións exclusivas ou dos asesores (máis de 250.000 euros ao ano¡¡¡).

Si, todas as concellarías; tamén a de facenda -nada é imposíbel-, que, ven de dar a coñecer o seu espectáculo particular para a última parte do ano: o cobro da contribución.

O tema principal que canta o Psoe na súa verbena fiscal é o de “non subimos impostos, baixámolos”; unha simple comparación do recibo do IBI de 2011 co de 2017 é suficiente para comprobar que cantan: un aumento dun 25%.

Tamén interpretan a canción de “somos o Concello coa contribución máis baixa”, tema no que terán que facer amaños: outros Concellos conxelan ou baixan a contribución; no mesmo período de tempo, as diferenzas con algún concello turístico teñen diminuído nun 40%.

E como é posíbel?; grazas a unha grande idea do Psoe: non facer nada durante 3 anos e nos outros 3 aumentar nun 6% anual o valor das nosas vivendas, aumento só para o pago de impostos no Concello, en Facenda, …, pago que o Psoe non deixa facer en varias mensualidades, como noutros Concellos.
En resumo, outra festa máis do Psoe que, como todas, pagamos as veciñas e os veciños. É o importante sen facer. Que PANORAMA¡¡¡

También podría gustarte
Comentarios