Nota de prensa BNG: POBOACIÓN E COTIZANTES Á SEGURIDADE SOCIAL

Desde que goberna o PSOE, ano 2007, As Pontes perdeu un pouco máis de 1.000 habitantes.

Desde que goberna o PSOE, ano 2007, As Pontes perdeu un pouco máis de 1.000 habitantes.

Pero tan preocupante como é a perdida de habitantes é o descenso das persoas que cotizan á Seguridade Social na nosa Vila.

Considerando todos os réximes (xeral, agrario, fogar, autónomos, etc.), no Concello de As Pontes había, en marzo de 2007, 5.276 persoas dadas de alta na Seguridade Social. Mentres que en marzo de 2016 hai 3.701.

É dicir, 1.575 persoas menos que cotizan á Seguridade Social, o que supón un 30% menos, en só 9 anos.

A inexistencia de políticas que fomenten o emprego, e/ou consoliden o existente, está directamente unido ao baixón demográfico. Así como o descenso de habitantes que cotizan á Seguridade Social. Pero ben, pola contra, eles sí “blindan” o seu futuro, xa que no goberno local de As Pontes, o goberno do Psoe, se reparten un millón de euros en catro anos, (para sete concelleiros). Polo que se ve, apostar polo emprego, e pola formación, é máis difícil que poñerse un salario!!

Poboación-e-cotizantes-á-Seguirdade-Social

También podría gustarte
Comentarios