Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: XUNTOS POR AS PONTES PRESENTARÁ DÚAS MOCIÓNS NO PLENO DE SETEMBRO

A plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes presentará dúas mocións no pleno de setembro, unha en relación cos afectados polo peche do concesionario Motorkar e outra contra a manipulación nos medios de información públicos. Un pleno no que tamén se dará conta da renuncia como concelleiro do noso compañeiro Alberto Pellón.

1. Peche do concesionario Motorkar, estafa comercial e despedimento colectivo.

Tras coñecer o peche do concesionario Motorkar e a estafa a máis de 40 persoas que tiñan o seu vehículo encargado e pagado, entre eles veciños da nosa localidade, solicitamos ao Pleno o apoio explícito ás afectadas e a busca de solucións para paliar a súa situación. Ademáis, instamos ao Concello a que desenvolva unha campaña de información sobre os dereitos dos consumidores e usuarios nos servizos competencia do Concello e as ferramentas ferramentas para a defensa destes dereitos.

2. Defensa da calidade e independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia

Coñecido é por todos a manipulación á que as cidadáns nos vemos sometidas pola influencia do PP nos medios de comunicación públicos galegos, polo que solicitamos do Pleno o apoio explícito ás mobilizacións do persoal da CRTVG en defensa duns medios de comunicación públicos de calidade e independentes.

Os gobernos, con independencia da súa cor política, non deben interferir na difusión da información á veciñanza, pois son a garantía e o elemento central das sociedades democráticas.

3. Renuncia como concelleiro do noso compañeiro Alberto Pellón.

O noso compañeiro Alberto Pellón renuncia ao cargo de Concelleiro por motivos de índole persoal. O seu substiuto será a seguinte persoa que integraba a lista de Xunt@s por As Pontes nas eleccións do 2015, Xosé Manuel Ribeira García.

As Pontes, 11 de setembro de 2018

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios