Nota de Prensa BNG: AS PONTES: O BNG DENUNCIA A SITUACIÓN DE CHEIVÁN
Os depósitos de lodos representan un perigo para as persoas e para o medio.
As Pontes, 25 de maio de 2013.- Atendendo ás reclamacións veciñais, o grupo Muncipal do BNG ven de rexistrar unha solicitude no Concello na que denuncia a situación de inseguridade no lugar de Cheiván, como consecuencia dos vertidos realizados por unha empresa das Somozas.
Segundo a información dos propios veciños, o Concello ten paralizada a aplicación que pretendía realizar a empresa, mais o estado no que se encontra o depósito dos materiais xunto coa ausencia de control, ocasionan un risco para as persoas, para os animais, e para o medio físico, nomeadamente a auga, e patrimonial no relativo ao complexo tumular existente na zona.
Para o BNG, no caso de non acordar e executar as medidas necesarias para garantir a seguridade das persoas e do medio de xeito urxente e inmediato, a situación podería agravar de producírense choivas.
O BNG solicita, tamén, a intervención dos organismos competentes da Xunta.
Asemblea Local do BNG das Pontes