Nota de prensa CIG: A CIG solicita unha reunión co IGAPE e coa Dirección Xeral de Industria da Xunta para analizar a situación das empresas do Grupo Sanmartin

As Pontes, 18 de xuño de 2010.- A Unión Local da CIG quere coñecer en que estado está o expediente da axuda do IGAPE ás empresas do Grupo Sanmartin
O grupo de empresas Sanmartin de As Pontes está atravesando por problemas económicos; por este motivo, nos últimos meses deuse un cambio na xestión destas empresas e, despois de presentar un plan de viabilidade, solicitouse unha axuda do Igape.
Nestes momentos os traballadores/as levan varias nóminas sen cobrar, por iso o futuro destas empresas depende de que o Igape dea unha resposta positiva nun prazo de tempo curto.
Por este motivo, a Unión Local da CIG de As Pontes solicitoulle sendas reunións, tanto ao Director Xeral do Igape como ao Director Xeral de Industria, para saber en que estado está o expediente de axudas a estas.

También podría gustarte
Comentarios