Nota de Prensa CIG: Dous militantes da CIG inician hoxe una FOLGA DE FAME, en contra do Decreto do Carbón

As Pontes, 16 de Outubro de 2010.- Dous compañeiros da CIG-As Pontes, inician hoxe unha FOLGA DE FAME INDEFINIDA en contra do Decreto do Carbón.
Logo dunha serie de mobilizacións, con ampla resposta social, sen que tivésemos ningún tipo de comunicación por parte do Ministerio de Industria, dous compañeiros da CIG-As Pontes inician hoxe unha Folga de Fame Indefinida até acadar unha entrevista directa co Ministro de Industria para procurar a derrogación do Real Decreto 1221/2010 (coñecido como o Decreto do Carbón), ou a modificación deste Real Decreto no que se elimine as afectacións negativas á capacidade de produción das centrais eléctricas de Galiza.
Os compañeiros estarán desde hoxe (ás 12:30 h.), situados nunha caravana da CIG, diante do Concello das Pontes.


A partir de hoxe, esperamos que todas as institucións e cargos públicos que, un día si e outro tamén, falan de defender o funcionamento das Centrais Eléctricas galegas, empreguen a súa capacidade de presión diante do Ministro de Industria para acadar esta entrevista no máis breve prazo de tempo posíbel, a saúde dos nosos compañeiros está en xogo e a saúde económica das Comarcas Mineiras Galegas tamén.
Os compañeiros que inician hoxe está medida de presión son:
Alberte Amado Tallón, Secretario da Unión Local das Pontes da CIG e membro da Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía.
Fernando Branco Parga, Delegado Sindical da CIG-Endesa e membro da Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía.

También podría gustarte
Comentarios