Amigus
As Pontes

O CVF AS PONTES E AS SÚAS REGATISTAS MARTA TORRES E MARÍA LEFLER PREMIADOS NA “GALA DA VELA GALEGA 2021”

As Pontes presume de regatistas de vela e do lago como enclave estratéxico para o desempeño de esta disciplina deportiva.

I e que a edición 2021 da Gala da Vela Galega, celebrada o pasado venres no auditorio municipal de Vilagarcía, onde os olímpicos en Tokyo Nico Rodríguez (bronce) e Támara Echegoyen (diploma olímpico) foron os grandes protagonistas, visualizou e puxo en valor o traballo que ano tras ano ben desempeñando o pequeno Club pontés para promocionar o deporte da vela e sacar adiante regatistas.
O clube foi premiado co galardón ó Mellor Evento Nacional de Vela organizado en Galicia, pola que Copa de España da clase Vaurien que o pasado mes de abril encheu de velas o lago durante 4 días.
A disponibilidade tan grande de espacio libre en terra, a cercanía e fácil acceso entre zonas de varada de barcos e o auga, a dotación de instalacións e medios que aínda que provisionais facilitaron a estancia de regatistas e acompañantes no lago, un equipo organizativo formado por socios e os nenos da escola do club que funcionou coma un reloxio suizo e, sobre todo, a aplicación e cumplimento dun exixente protocolo de prevención do Covid-19 foron elementos determinantes para que o xurado da Real Federación Galega de Vela puxera os ollos no evento Copa de España Vaurien 2021 organizado polo Club de Vela Fluvial As Pontes.
Pero e que ademáis dúas das súas regatistas, Marta Torres e María Lefler, foron premiadas polo seus éxitos deportivos no ano 2021 onde finalizaron como primeira tripulación feminina do ranking vaurien galego, además de ser subcampeonas galegas e subcampeonas de España. Gran temporada das xoves regatistas que dende a primeira regata da tempada estiveron subíndose ós podiums. Éxito absoluto do club pontés que pasiño a pasiño empeza a colar o nome dous seus regatistas, e o seu propio, no panorama da vela galega, ampliamente dominado polos grandes clubs costeiros de Galicia.
A Vilagarcía desplazouse unha pequena comitiva de regatistas e socios do clube, encabezada polo seu presidente Miguel Ferreiro, e acompañados da Concelleira de Turismo, Elena López, en representación do Concello de As Pontes.
Os éxitos do clube neste ano que agora acaba non rematan aquí, posto que, por un lado, hai que destacar que a tripulación xuvenil formada por Javier Martínez e Mariano Torres finalizaron na 5ª posición do ranking galego da clase vaurien. E, por outro lado, gracias o incremento de nenas e nenos interesados en practicar vela, o club foi quen de sacar adiante dous equipos de competición para os máis pequenos, na clase Optimist. Un equipo de regata e outro, para os máis noveles, de escola.
Para o ano 2022 o lago de As Pontes volverá a ser a sede de dous importantes eventos da vela galega, o Campeonato Galego da clase Vaurien (pendiente de data) e o Campeonato Galego por equipos da clase Optimist (finais de xuño).

Nova cortesía do Club Vela Fluvial As Pontes

También podría gustarte
Comentarios