O BNG pide melloras nas beirarrúas da AC-661 ao seu paso pola vila pontesa

[Diario de Ferrol] O grupo parlamentario do BNG, a través do seu deputado Fernando Blanco Parga, vén de solicitar á Consellería de Política Territorial que se acometan obras de mellora nas beirrarúas da AC-861, ao seu paso polo municipio pontés.


Blanco Parga rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que explica como estas infraestruturas, dende a súa construción, “son unha obra manifestamente mellorable”, pois segundo sinalan dende o BNG, existen problemas no seu deseño, debido a que a estrada ten algunha curva moi pechada -na que resaltan que xa houbo varios accidentes graves- e trala chuvia provócase unha acumulación de auga, “facendo a circulación máis perigosa”.
Parga tamén advirte que, pola súa situación, estas beirarrúas forma parte do percorrido de moita xente, xa que enlaza cunha senda peonil e pecha a circunvalación do pobo, “de aí que sexa necesario intervir”, engadiu o deputado.

También podría gustarte
Comentarios