Tres futbolistas da Comarca de FerrolTerra, as pontesas Yaiza Paleo Corral, Patricia Blanco Carballo e a ferrolá Paula López Bouza, estiveron este fin de semana en Marbella coa selección galega sub16 na primeira Fase do Campionato de España. Hai apenas uns meses que botou a andar o fútbol feminino na Comarca de FerrolTerra, e a iniciativa xa está a dar os seus primeiros froitos. A selección galega gañou a Aragón (2-1) e perdeu con Baleares (2-3), coa mala fortuna de non clasificarse por moi pouquiño, ata o punto de ser a primeira das seleccións non clasificadas. Pra a lateral e dianteira pontesas era o seu segundo torneo coa selección tras xogar en Decembro coa galega sub15 en Valencia, para a media punta ferrolá, era a súa primeira experiencia.

Para as tres xogadoras Marbella pareceulles unha cidade moi bonita e acolledora, anque Paula di que esperaba más, gustoulles moito o ambiente dentro do equipo, son moi boas xogadoras e moi boas amigas di Yaiza, doeulles moito a eliminación polos pelos e por un só gol, comenta a lateral, as Illas Baleares pareceulles o equipo máis complicado, eran moi fortes subraia Paty, e destacan dentro do equipo galego a calidade da súa compañeira Andrea Carid do Ponteveda, recentemente convocada por España Sub17, anque Paula decantase máis ben por Natalia a do Cidade de Santiago. Para Yaiza e Paula foi una satisfacción debutar na selección Cando pisei o campo sentín moita alegría porque nunca antes pensei que fora xogar na selección galega di a pontesa, a ferrolá pola súa parte comenta que representar a Galicia fue una alegría muy grande. Me acordé de mi abuela que falleció que siempre me decía que podía llegar muy lejos. Paty, que xa debutara coa galega sub15 en Valencia sinala que nunca se me olvidará, porque non pode calquera ir á selección galega, é unha oportunidade que non se pode perder.

Nova cortesía de Xóse Ferreiro