Amigus
As Pontes

O patrimonio industrial da mina de Endesa, por Xosé-Bieito Coello

Endesa, e moito antes Calvo Sotelo e Enfersa, viñeron a este Concello, non por un afán altruísta, senón para explotar unha mina de lignito que existía nesta zona, co que estas empresas, fundamentalmente Endesa, tiveron un enriquecemento enorme, so hai que ver o tamaño da sede central e o número de persoas que agora traballan en Madrid, -máis de 4000 persoas-, sen ter alí ningún centro produtivo, pola contra, nas Pontes, onde se chegou ós 2700 traballadores, -daquela en Madrid había sobre 500-, agora so quedan uns 350.
E certo que as explotacións mineiras esgótanse e que a central de 1400 MW se readaptou para traballar con carbón de importación, tamén e certo que se construíron os grupos de ciclo combinado para traballar con gas natural e Endesa implicouse na creación e promoción do polígono industrial de Penapurreira, mais isto non é dabondo, e un exemplo témolo no lago formado na antiga mina e a escombreira. Nestes lugares empezáronse a facer as cousas ben, máis estase a dar un xiro, coa colaboración ou falta de implicación das administracións, fundamentalmente do Concello, no que se ve que Endesa busca exclusivamente incrementar os seus beneficios particulares sen importarlle demasiado os beneficios do pobo das Pontes.
Como solicitou moita xente, é importantísimo que todas as actuacións que a partires de agora se fagan no lago e escombreira estén consensuadas coas Administracións, e para elo tiña que formarse un Patronato, Fundación ou como queira chamarse, que busque o maior beneficio para esta bisbarra, seguindo un proxecto profesional ben elaborado e con visión de futuro, e non facendo especulacións, algunhas ben intencionadas, aínda que non teñan viabilidade. Tamén hai que aclarar a propiedade dos terreos que lindan co lago e da escombreira, e dende logo, non se poden permitir actuacións como a intención de vender tódalas excavadoras e apiladoras e outras máquinas, cando isto forma parte dun patrimonio industrial que ten que formar parte do museo da minería.
O lago e a escombreira ten un potencial económico moi grande, e para elo debemos copiar o que xa fixeron noutras minas alemáns ou españolas. En Ponferrada estase a construír a Cidade da Enerxía, -pódese ver en internet-, cunha fortísima inversión do Estado, e xa ten moita xente traballando, -so nas obras hai máis de 200 persoas-, e para elo Endesa cedeu a central de Compostilla I, as oficinas xerais e moito terreo. Unha pequena central de MSP, como a antiga de Calvo Sotelo nesta localidade, xa esta funcionando como museo, e a entrada vale tres euros. Pola contra nas Pontes, Endesa quere acabar con todo o patrimonio industrial, como fixo coa antiga central de 32 Mw. e as oficinas xerais e isto non se pode permitir. A venta das máquinas non compensa para nada os ingresos que despois poderíamos ter.

También podría gustarte
Comentarios