Rede WiFi da M$ empregará GNU/Linux

Lendo agnix.org:
“Non é oficial mais todo indica que a vindeira vez que Bill Gates envíe un correo-e atraverso da súa nova rede local inarámica éste pasará por unha infraestrutura de rede baseada en GNU/Linux.
A primeiros deste ano Micro$oft e Aruba Networks anunciaron que as dúas compañías traballarían a prol do remprazo da actual rede inarámica de Cisco pola infraestrutura de Aruba, a cal elimina a necesidade de trocos individuais nos puntos de acceso. “…


…”Mark Robards, vicepresidente de Aruba Network para Asia-Pacífico, di que a súa solución fornece seguridade integral, incluindo cortalumes, rede privada virtual e cifrado por hardware, todo isto baseado en GNU/linux. Pero o propio Sunjeev Pandey, director senior TIC de Microsoft, di que esta plataforma para a mobilidade danos a escalabilidade, rendemento e seguridade que esixe o nosa demanda.
O que non menciona a nota de prensa é que a solución prospota por Aruba executa GNU/Linux, algo que contradice a suposta superioridade de Windows amosada na súa campaña de márquetin Get the facts.
Na actualidade Aruba está alistando a persoal desenvolvedor experto en Linux e con ampla experiencia no kernel Linux. É que a rede inarámica que quere Micro$oft terá arredor de 5.000 puntos de acceso en 277 edificios… “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios