RESULTADOS DO ATLETISMO OLYMPO NO IV MEMORIAL JOAQUÍN ROMERO
O equipo pontés desprazouse este sábado a Ferrol para a desputa da proba de Cross
O equipo pontés do Atletismo Olympo competiu con catro atletas na cuarta edición do Memorial Joaquín Romero, proba de Cross desputada este sábado no Pinar de Cobas.
Na categoría de homes, e sobre oito kilómetros, foi quinto o gran Minecho, Xose Manuel Meizoso, cun tempo de 27:40, nunha proba gañada por Sergio González (27:21). Minecho tamén foi o segundo veterán. O vencedor nesta categoría foi Carlos Bouza (27:34).
Nesta mesma proba Alejandro Alarcón Giraldo quedou no posto 36º.
En mulleres, sobre unha distancia de catro kilómetros, impúxose a gran Susana Castro, con 17:34, por diante de Inés Bereijo (17:57) e Natalia Pérez (19:36).
Xa na proba benxamín Antonio Graña quedou quinto.
Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.