Amigus
As Pontes

SAN CRISTOVO DO VILAR 2010

Un ano máis os veciños das aldeas e lugares que antigamente formaban o que era chamado Barrio do Meidelo e do Vilar celebraron unha nova xuntanza na Esfarrapa para honrar ó seu patrón, San Cristovo, e celebrar un xantar de confraternidade o domingo, 5 de setembro.
Os festexos comezaron o sábado con lanzamento de bombas de palenque, misa, procesión co acompañamento da banda de gaitas Alfaia, sesión vermú e á noite verbena cos grupos Kaiser e Aguazul.
O domingo iniciouse ó mediodía coa concentración de coches no campo de rugby para efectuar un percorrido pola vila e logo seguir ata o lugar da festa, onde foron bendicidos. Encabezaba a fileira de coches unha camioneta engalanada con flores e a bandeira do “Barrio” e na que ía a imaxe de San Cristovo acompañada polo grupo tradicional Os Suplentes.
Logo da misa e procesión, procedeuse á inauguración dunha placa na que os veciños queren deixar constancia do seu agradecemento ás persoas que cederon os terreos e a quen fixo posible a construción da nova capela de San Cristovo do Vilar. En dita placa, situada nun lateral da capela, reza o seguinte texto:
“O NOSO BARRIO Agradece ós veciños que cederon os terreos e tamén ós que, cun enorme esforzo e sacrificio trasladaron a Capela a este lugar no ano 1989. A Esfarrapa, 5 de Setembro de 2010”.
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg


Despois os asistentes entoaron o himno do Barrio. De seguido, unhas 450 persoas vidas de distintos lugares da comarca e doutras localidades de Galicia confraternizaron nun xantar que estivo amenizado pola música de Aguazul e o grupo tradicional Os Suplentes.
Recentemente a asociación do “Barrio” publicou un libro na que se fai unha breve descrición histórica dos distintos lugares, a maioría deles desaparecidos pola expansión da mina de carbón. O progreso fixo que desapareceran para sempre as aldeas da Cartilida, O Casaldaboa, A Casalonga, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, O Outeiro, A Picheira, O Ribeirón e O Vilar.
De toda esta barriada tan só quedan as aldeas da Carballeira, O Castelo, Cheibán, A Esfarrapa (no nomenclátor do INE figura como Farrapas), Rámez e Reboredo. Están situados ó norte da parroquia de Vilavella e neles habitan unha trintena de persoas. O lugar do Grou atópase na actualidade en ruínas.
A asociación tamén deseñou unha bandeira, que leva as cores verde e amarelo co escudo no centro. Son catro franxas horizontais de ouro sobre fondo de sinople (verde), que representan á primeira camiseta que utilizou o equipo de fútbol do barrio.
O escudo, situado no centro, trata de representar a situación dos lugares do barrio. Ten fondo negro, que simboliza ó carbón, cun bordo branco que representa ós lugares que aínda existen. No centro do mesmo vai unha estrela de cinco puntas de cor branco, na que se pretende sinalar os lindes dos lugares desaparecidos.
A actual capela data de 1989. A antiga estaba situada na aldea do Vilar e fora construída no século XVIII pola familia Fresco. Dela só se conserva a campá e as imaxes. Dende moi antigo vense celebrando a festa na honra de San Cristovo a primeira semana de setembro, aínda que no primeiro terzo do século XX pasou ó día do patrón, no mes de xullo. Aló polos anos cincuenta e sesenta do século pasado a festa tivo moita sona, pois a ela ían moitos romeiros de aldeas da comarca.
A Esfarrapa (As Pontes), 5 de Setembro de 2010
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
san_cristovo_do_vilar_2010_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios