Sta. Icía 2007: percusión contemporánea para o día de Sta. Icía

Onte, día de Sta. Icía, dende o Conservatorio organizouse un concerto de percusión contemporánea por parte do dúo Intermission. Un concerto redondo de dous xoves percusionistas galegos, grandes intérpretes cunha creatividade fora do común.
staicia2007.22.jpg
Hoxe ás 11.30 horas teremos en Dopeso un concerto didáctico a cargo do grupo de metais “Santa Cecilia”; ás 18.00 horas, ‘A viaxe de Efi’ Teatro infantil con música en directo no ALOVI; as dúas organizadas pola Concellería de Cultura; e ás 20.30 horas na Biblioteca Municipal a charla ‘A Música popular na Comarca’ impartida por D. Ovidio García Pazos, organizada pola Asociación de Estudos Históricos Hume.

También podría gustarte
Comentarios