Amigus
As Pontes

VI REGATA LAGO DE AS PONTES

Entre os deportistas presentes destacaba a presenza de Jorge Maciel, olímpico español en Atlanta e Sidney.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Organizada polo Club de Vela Fluvial de As Pontes, 41 regatistas provintes dos principais clubes de windsurf de Galicia disputaron a sexta edición da Regata Lago de As Pontes, competición que a pesar dos seus poucos anos de existencia xa se atopa completamente asentada no calendario windsurf galego.

As prediccións meteorolóxicas avanzaban unhas boas condicións para garantir una competición bonita e disputada e, a pesar da choiva e a baixada das temperaturas, así foi. O primeiro día de regata disputáronse as tres mangas previstas, e o domingo dúas das tres programadas xa que a primeira hora da tarde o vento decidiu dar unha tregua e desaparecer do campo de regatas pontés.

Na clase Fórmula o gañador foi Fran Robleda, do Liméns Wind&Sup, seguido do seu compañeiro de club co que tivo unha dura rivalidade Nacho Fernández, ocupando a terceira plaza Jaime Piñeiro-Estrella do Playa de Oza coruñés.

Na clase Raceboard o gañador foi o Jorge Maciel do Playa de Oza, absoluto dominador de todas as mangas disputadas. No segundo posto do caixón subiu Jose Ramón Martínez do Liméns Wind&Sup, e o terceiro posto foi ocupado por Pancho Pan tamén do Playa de Oza.

Na clase Bic Techno, na categoría sub-17, o gañador foi Pablo Gonzalez do Club Nautico de Cangas, seguido de Manuel Roca do Real Club Nautico Rodeira de Cangas, e de Elena Fernández do Catro Ventos de Riveira. Na categoría sub-15, subiu ó máis alto do podium Pedro Cordeiro do Club Náutico de Cangas, acompañandoo na segunda posición o seu compañeiro de club Manuel Gestido, e na terceira posición Pedro Piñeiro-Estrella do Playa de Oza.

Na categoría Escola, o gañador foi Kevin Gallego do Real Club Nautico Rodeira de Cangas, quedando en segunda posición o regatista do Playa de Oza Martín Maciel, e na terceira posición David Maceiras tamén do Real Club Náutico Rodeira.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios