23.-REFEITAS DE COCEMENTOS (I)

Terceira entrega.


MOITO COIDADO: Nestes últimos anos o uso dos antibióticos sintéticos aumentou un 30%, isto debese a automedicación e a crenza de que moitas veces os antibióticos son medicamentos que serven para todo. Os antibióticos sintéticos deben ser utilizados nos casos que sexan realmente precisos. Aquí falarase dos beneficios que nos dan as plantas medicinais.
ATENCIÓN: Herbas que poden complica-las cirurxías: Algunhas plantas ou herbas medicinais poden ser nocivas para o organismo de persoas que teñen que someterse a cirurxías, de acordo cun estudio feito na Universidade de Chicago. O director do estudio, Michael Ang Lee, explica que aínda que non se pon en dubida a capacidade curativa de moitas plantas hai algunhas que deben evitarse antes e despois dunha cirurxía, tal como é o caso da equinacea, que produce un efecto estimulante no sistema nervioso ou do efecto anticoagulante do allo que impide que as plaquetas se xunten. Foron identificadas 8 plantas que poden inferir negativamente nunha intervención cirúrxica: equinacea, allo, ginseng, kava, valeriana, herba de San Xoán, ginko e efedra.
-adelgazante de Malva: Ferver durante cinco minutos en 500 g de auga 25 g de follas frescas de Malva refén collidas. Filtrar e deixar arrefriar nun lugar seco. Tomar unha ou dúas cuncas pola maña antes de comer. Duración do tratamento: trinta días seguidos. Despois dun intervalo razoable pode volver a comezar o tratamento. O efecto é sorprendente e non presenta ningún perigo para o corazón.
-de Maínzo para afeccións das vías urinarias, cistites: Ferver nun litro de auga, durante un cuarto de hora aproximadamente, 20-30 g de estigmas de Maínzo cortadas. Deixar arrefriar lixeiramente e filtrar o líquido. Dúas taciñas ó día, lonxe das comidas ata que a inflamación desapareza.
-de Maínzo para a Nefrites: Ferver en dous litros de auga, durante 15 minutos, 60 g de estigmas de Maínzo. Dose: de 3 a 5 taciñas ó día, ata a curación.
-de Morillóns para intoxicacións con disentería, disfuncións intestinais: Ferver nun litro de auga durante un cuarto de hora aproximadamente, 70 g de baias de Morillón. Filtrar e deixar arrefriar. Tomar tres ou catro vasiños durante o día. Duración do tratamento: ata que desapareza . Este cocemento utilizase tamén, como enxugue e gargaras, nas inflamacións da boca e da gorxa e para compresas na cura de eccemas e hemorroides.
-de Morillon Hipoglicemiante: Moer 25 g de follas de Morillón, 25 g de vainas de xudías, 20 g de Potentila y l0 g de Galega, mesturar ben e ferver durante cinco minutos na proporción dunha cullerada por cada 250 g de auga. Filtrar e tomar dúas cuncas de te antes das comidas principais. Duración do tratamento: non ten.
-de Nogueira para afeccións cutáneas, inflamacións da boca e das amígdalas: Ferver durante uns poucos minutos 10 g de follas de Nogueira e 6 g de ácido bórico en 300 g de auga. Filtrar o liquido cando estea morno e facer os lavados ou usalo como colutorio.
-de Noz antihelmíntica: Ferver nun litro de auga 20 g de carapela exterior de Noz a cachiños, durante unha hora, aproximadamente. Filtrar e azucrar. Tomar 2 cuncas ó día ata a desaparición total dos vermes.
-de Oliveira para infeccións catarrais, ante reumático e ante gotoso: Cocer durante uns 15 minutos 50 g de follas de Oliveira nun litro de auga. Deixar amornar o cocemento e filtralo. Debe beberse toda a cantidade nas vintecatro horas, a vasiños. Repeti-la doses despois dun día de descanso.
-de Tomateira contra os cálculos renais: Ferver dous mañuzos de Tomateira en dúas cuncas de auga ata que o liquido quede na metade. Bebese durante o día a vasiños. Non ten duración.
-de Tomates contra hemorroides: Cocer moi amodiño varios Tomates con manteiga de porco a partes iguais, ata case a total evaporación do liquido, engadir mais tomates frescos na mesma cantidade e continuar cocendo ata que non quede liquido; despois filtrase. Aplicase sobre da zona enferma, varias veces ó día.
-de Zenoura: Carminativo, estimulante da función dixestiva e aumenta a secreción de leite: Ferver 15 g de sementes de zenoura durante un minuto nun litro de auga. Filtrar e deixar. Tomar un vaso pequeno despois de cada comida, durante quince días sen parar; despois, volver ó tratamento ó cabo dunha semana.
-de Zenoura ante helmíntico (para eliminar os vermes): Ferver 10 g de sementes de zenoura en 100 g de auga durante media hora, aproximadamente. Filtrar e deixar arrefriar. Tomar un vasiño despois de cada comida. A duración do tratamento non ten limite.
-Reconstitúente de Zenoura: Cocer en auga raíces de zenoura, espremelas para facer saír o zume que, adulzado con xarope e desfeito con auga tómanse 2 ou 3 vasos pequenos ó día, mornos. Duración do tratamento: non ten.
-de Zenouras para afonía, tose e asma: Cocer en pouca auga 4 ou 5 Zenouras amarelas cortadas en cachos moi pequenos; despois espremese o zume a través dun coador ou, mellor aínda, a través dun lenzo. Mesturar o zume obtido en dobre cantidade de auga morna e mel; beber toda a dose, dividíndoa en 4 ou 5 tomas durante a xornada.
-Diurético de Aciano para afeccións bronquiais: Deben utilizarse preferentemente as sumidades florais de Aciano. Facer un cocemento das mesmas durante uns minutos, colar e deixar que amorne. Adulzar con mel e tomar 2 o 3 cuncas diarias.
-de Asente para uso externo: A cocedura dos talos de Asente é útil nas gargaras e compresas para contusións, luxacións e artrites.
-de carapela de Álamo negro: Esmigallar ben 30 g de carapela e facelos ferver nun litro de auga, por espacio de quince minutos. Coar e beber unha cunca cada hora, ata que diminúa a feble. Aplicase como febrífugo así coma astrinxente.
-de Asente para uso externo: A cocedura dos talos de Asente é útil nas gargaras e compresas para contusións, luxacións e artrites.

También podría gustarte
Comentarios