Amigus
As Pontes

Nota de prensa: Galiza Nova constitúese nas Pontes

A organización xuvenil do BNG bota a andar para facer fronte os problemas da mocidade da vila logo dun encontro aberto co deputado Daniel Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As Pontes, 5 de abril de 2020. Nun encontro aberto o pasado venres, no que participou Daniel Castro, deputado no Parlamento da Galiza e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova, constituíuse a localidade de Galiza Nova nas Pontes. Carmela Franco Caaveiro, veciña da localidade e estudante de Filoloxía Galega na USC, foi escollida como responsábel local. Fíxoo acompañada dos tamén membros da formación e veciños das Pontes, Alberto da Silva Castro e Fran Corral Fresco. 

Carmela Franco, a responsábel local, incidiu en que “xa é hora de que as nosas demandas sexan escoitadas e tidas en conta. A xuventude das Pontes non pode quedar nun segundo plano nun momento no que se está a decidir o futuro da vila e da comarca”. Doutra banda, tamén resaltou o duras que están a resultar as consecuencias da pandemia para a xente nova. “A Covid-19 está a ter un efecto especialmente duro na nosa xeración, engadido á problemática xa existente de desemprego e desindustrialización que xa persistía”. 

A aparición da organización xuvenil do BNG nesta localidade xorde da necesidade de dar voz á mocidade pontesa para solventar os conflitos tanto da localidade coma da comarca e afrontar as súas necesidades actuais e futuras. Entre os obxectivos derivados do encontro resolveuse a planificación dunha serie de actividades alén da desindustrialización que sofre actualmente a vila e que afectará particularmente ó futuro da mocidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios