Amigus
As Pontes

JAVIER MARTÍNEZ E TERESA CABELLO REPRESENTANTES PONTESES NO MUNDIAL DA CLASE VAURIEN

As Pontes volverá a estar representada nun mundial de vela da clase vaurien, neste caso no que se disputará a partires do 23 ó 27 de xullo no Lago di Como en Italia, tengo a sede na vila de Colico.

A tripulación xuvenil integrada por Javier Martínez e Teresa Cabello forman parte equipo español que disputará este mundial 2019, e xa se atopan xunto co resto de integrantes do equipo nesta vila italiana perfilando a preparación do seu barco e pasando as medicións pertinentes antes do inicio da regata.

Aínda que é a súa primeira participación nun mundial e a pesares de ser das tripulacións máis xoves confian en facer un digno papel e sobor de todo aprender e disfrutar desta experiencia internacional.

Neste Mundial 2019 de Colico está confirmada a participación de 85 barcos de 3 continentes (Europa, América e África) e 11 países diferentes, sendo a participación maioritaria europea frente a 6 barcos africanos, e 3 barcos americanos.

Na xornada do domingo pola tarde celebrouse a ceremonia de inauguración do mundial con desfile dos equipos por Colico, discurso de autoridades e posterior festa de benvida. O luns a partir das 14:00 disputarase a regata de adestramento, derradeiro test antes do inicio da competición o martes 23 de xullo.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

También podría gustarte
Comentarios