Amigus
As Pontes

ESCOLA DE VELA NO LAGO DE AS PONTES – VERÁN 2016

O Club de Vela Fluvial As Pontes volve a promover a ESCOLA DE VELA de verán no Lago de As Pontes que iniciará a súa actividade cos cursos que comezarán o luns 27 de xuño, e que se extenderán durante os meses de xullo e agosto.

O Club de Vela Fluvial As Pontes volve a promover a ESCOLA DE VELA de verán no Lago de As Pontes que iniciará a súa actividade cos cursos que comezarán o luns 27 de xuño, e que se extenderán durante os meses de xullo e agosto.

Os cursos de vela estarán abertos a nenos/as a partir de 7 anos e adultos.

Para a realización destes cursos o Club de Vela Fluvial As Pontes facilita todo o material necesario para a práctica de este deporte.

As embarcacións de vela que se empregarán serán Optimist (nenos/as), e Omega e Raquero (neno/as e adultos).

Para windsurf empregaránse as táboas e velas das que dispón o Club.

Os cursos realizaránse en turnos a escoller, ben de mañá (10:00 a 14:00 hs.), ou ben de tarde (16:00 a 20:00).

Terán unha duración de 20 horas, repartidas semanalmente de luns a venres.

O importe dos curso será de 40 € ó que haberá que engadir 16 € da licencia federativa que inclúe o seguro do alumno. Esta licencia terá validez ata 31/12/2016.

Optativamente, para quen o desexe, existe a posibilidade de facer unha segunda semana adicional de curso aun prezo de 25 €.

Como vestimenta recoméndase bañador, camiseta de lycra chandal e chuvasqueiro. Calzado tipo escarpíns, chanclas de calzar, ou tenis.

Recoméndase tamén traer unha gorra, muda e toalla, así como crema de protección solar.

Os chalecos salvavidas obligatorios serán proporcionados polo Club de Vela Fluvial As Pontes.

Información e inscripcións:
Correo electrónico: clubdevelafluvialaspontes@gmail.com
Teléfono: 649 461 684 / 639 608 128
Caseta do Club de Vela Fluvial As Pontes no Lago de As Pontes.

Cursos_Vela_2016_cartel

También podría gustarte
Comentarios