Amigus
As Pontes

ESTE 2017 CUMPRÍRONSE 30 ANOS DO PRIMEIRO ASCENSO DO CD AS PONTES A SEGUNDA DIVISIÓN B

Este 2017 cumpríronse 30 anos do primeiro ascenso do por aquela Endesa de As Pontes á Segunda División B, o segundo fora en 1995, categoría na que militou nove temporadas, entre 1987-93 e 1995-98.

Este 2017 cumpríronse 30 anos do primeiro ascenso do por aquela Endesa de As Pontes á Segunda División B, o segundo fora en 1995, categoría na que militou nove temporadas, entre 1987-93 e 1995-98.

Nunha magnífica campaña, o equipo pontés apenas perdera catro partidos dos 38 disputados, todos a domicilio, co Arenteiro (2-1), Portonovo (4-1), Arousa (1-0), e unha única na segunda volta, ante o Gondomar (3-0).

Como resultados máis destacados, en casa, sobresaen un 3-0 ó Deportivo B, un 4-0 ó Boiro, e un 3-0 ó Coruxo, ó que tamén se lle gañou por un contundente 1-7 en Vigo. Tamén se gañara 0-1 en Barraña e no Morrazo.

Na portería estaban o hoxe concelleiro Rebolo, Yosu e Jesús, na defensa Pereira, Quique (pai de Adrián López), Andrés, Picos, Luis Ángel, Juanma (pai do ex xogador do Deportivo Juan Domínguez), e Cazás.

A media estaba formada polo xenial Nando, Falo, Balles, Mundo (tío de Edi), e Fernández. No ataque xogaban o mítico Alfonso, Guzmán, Rojo, Aneiros, Vili e Felipe Mieres, actual adestrador do xuvenil pontés. Dirixían ó equipo Gerardo Molina e o mítico Calpita.

Aquel ano ascenderan cinco equipos galegos á división de bronce do fútbol español, por ampliación de grupos. Por detrás do Endesa, que sumara 54 puntos, quedaran Arenteiro (51), Lalín (47), Bergantiños e Arousa (46). Non ascendeu o Compostela, que rematou a tempada con 45 puntos.

Curiosamente o Racing de Ferrol, nunha mala época, salvárase de baixar a Preferente polo goal average con respecto ao Boiro, pois ambos sumaron 30 puntos, descendendo os de Barraña. Os outros dous descendidos foran Viveiro (27), e o Coruxo olívico (21), que hoxe en día xa leva sete tempadas na Segunda B.

Non deixan de resultar curiosos os avatares do destino, pois nesta campaña ó Endesa sobráronlle catro postos para o ascenso, e na tempada anterior, a 1985-86, facendo un gran ano, quedando segundos con só tres derrotas, e por detrás dun histórico coma o CD Lugo, o equipo non puidera ascender, pois tan só promocionaban os dous primeiros de cada grupo.

Por riba o As Pontes eliminou na quenda de penaltis á Cultural Leonesa, caendo despois na polémica eliminatoria ante o Club Polideportivo Almería, quen pese a perder 1-0 no Poboado e gañar 2-0 en Andalucía na prórroga, fixera unha aliñación indebida no primeiro partido, que daría ó ascenso ós ponteses, pero debido a moitas presións políticas, e ó feito de ser unha gran cidade e capital de provincia, finalmente ascenderon os almerienses.

Ese ano tamén ascenderan a Segunda División o Lugo, Mallorca B, Éibar, Alzira e Gandía.

Os goleadores do equipo aquel ano do ascenso foran Nando (13), Fernández (9), Pereira (8), Alfonso (6), Rojo (5), Guzmán (4), Aneiros (3), e un de Picos, Quique, Felipe, Balles, Andrés, Vilaboy, Luis Ángel e un en propia meta.

Destacar tamén que o porteiro Yosu batera un récord no seu día, que foi o de estar nin máis nin menos que 863 minutos sen encaixar un gol nos partidos de Liga disputados no Campo do Poboado.

Tamén fora moi boa a tempada na 1994-95. Si nesa 1986-87 houbera 20 triunfos por só 4 derrotas, nesta houbo 23 vitorias por só 5 derrotas. Eses dous anos o equipo quedara Campión de Terceira.

Si ben no ano 1987 se ascendeu directamente, no 1995 houbo que xogar as hoxe en día habituais fases de ascenso, no antigo formato de liguiña, no que o Endesa, con nove puntos, quedou por diante do Leganés B (8), Lealtad de Villaviciosa (5) e Salmantino (2).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios