IV REGATA WINDSURF LAGO DE AS PONTES 2017
Lucas Maceiras, Juan Vieito, Jose Ramón Martínez e Alba Díaz foron os gañadores.
Esta fin de semana levouse a cabo no lago de As Pontes a cuarta edición da Regata de Windsurf, que ademais servía como Campionato Galego, e no que participaron máis de 50 deportistas, incluso chegados do páis veciño de Portugal.
Na categoría Techno o vencedor foi Lucas Maceiras, que gañou as tres mangas, seguido na clasificación por Rita Caride e Pablo González.
En Fórmula Windsurf o gañador foi Juan Vieito, que tamén gañou as dúas mangas, por diante de Francisco Robleda e Jaime Piñeiro.
En Raceboard logrou o triunfo Jose Ramón Martínez, que dominou as tres mangas, e acompañáronlle no podio Javier Plaza, segundo, e Juan Portela, terceiro.
Por último, nos máis novos, a gañadora foi Alba Díaz, que se impuxo en catro das seis mangas desputadas, e acompañarona no podio, Alejandro Blanco, plata, e Diego Roca, bronce.
Ó remate desta proba organizada polo Clube Fluvial de Vela As Pontes e o Concello pontés, entregaron os premios ós tres primeiros clasificados de cada categoría, así como un diploma os rapaces de Escola e un recordo aos xuices.
Nova cortesía de Xose Ferreiro. Imaxe cortesía de Karlos Basoa