Nota de prensa BNG: Adhesión do Concello de As Pontes á asociación Seitura22

O pasado 4 de Abril, tivo lugar no noso Concello, un Pleno para aprobar a adhesión do Concello de As Pontes, á asociación Seitura22.

O pasado 4 de Abril, tivo lugar no noso Concello, un Pleno para aprobar a adhesión do Concello de As Pontes, á asociación Seitura22.

A dito Pleno,convocado con urxencia, o noso grupo municipal non asistiu, xa que fomos convocados tres horas antes do mesmo.

Se ben, isto é legal, desde o BNG-AA de As Pontes, creemos que non debe ser práctica habitual nun concello ben organizado. E menos, tendo en conta que moitos dos concellos integrados en Seitura 22, o fixeron con anterioridade.

Entendemos que o goberno municipal do Psoe, tiña que ter convocado antes este Pleno, (outros concellos integrados en Seitura 22, o fixeron hai tempo), e non a última hora.

A comisión informativa previa ao Pleno, celebrou-se o día 1 de Abril, convocada tamén con urxencia. Pero a urxencia, non era tal. Máis ben respondía á deixadez do goberno local, o que os levou a case esgotar o prazo, para formar parte, desta asociación, Seitura 22.

Lembremos que no grupo de goberno, hai 5 dedicacións exclusivas e parciáis e 2 asesores, cun custe duns 250.000 euros ao ano, que as/os veciños de As Pontes, lles estamos a pagar, e que foron asignadas, según eles,polas responsabilidades e complexidade dos asuntos a levar. E entre todos,non son capaces de convocar con tempo, un pleno, ou unha comisión. O seu traballo, debe ser cumplir ca boa xestión do Concello, e polo que vemos todos os días, non cumplen co seu cometido.
Ademáis, este tipo de actuacións, son diametralmente opostas á conciliación familiar e laboral.

Desde o BNG-AA, mostramos o noso desacordo ante estos feitos, e aproveitamos para salientar, tal e como propuxemos ao goberno municipal, que os plenos deben ser realizados fóra de horario laboral e nun espazo aberto á cidadanía, ca fin de garantir a total participación das veciñas e veciños de As Pontes.

También podría gustarte
Comentarios