Nota de prensa CIG: A UNIÓN LOCAL CIG-AS PONTES ALERTA DA SITUACIÓN DE DESEMPREGO QUE SE ESTÁ A PADECER NO CONCELLO DE AS PONTES

Acabase de publicar os dado de desemprego do mes de xaneiro, aumentándose este na localidade das Pontes en 130 desempregados/as chegando a un total de 1045 desempregados/as; asemade, nos dous últimos anos, este pobo perdeu 300 habitantes.
A tendencia do índice do paro xa ben sendo habitual, en Xaneiro do 2008 contábase con 647 desempregados/as (en catro anos o paro incrementouse nun 61,5%).


Os traballadores/as das Pontes están a observar como as empresas da localidade están a pechar as portas ou a reducir o cadro de persoal, xa son numerosas as empresas que cesaron a súa actividade nos últimos tempos: ESTRACERO, ACERIUSA, FORMOSO ESTRUCTURAS METÁLICAS, ACERÍAS AS PONTES, CUIÑA S.A., LM COMPOSITES….., esta situación non parece mudar a curto prazo, xa que de inmediato haberá dous expedientes de extinción de contratos, tanto nas empresa do GRUPO SANMARTÍN que afectará a algo máis de oitenta empregados/as, e na empresa CONSTRUCIONES TÉCNICAS DE RADIOTERAPIA que afectará a catorce empregados/as, a isto hai que engadirlle os dous expedientes temporais que están a padecer os traballadores/as de ARTEIXO TELECOM e CANOSA, ou a empresas como EINSA que no último ano redúceo o se cadro de persoal e algo máis de corenta traballadores/as, e con previsión de que se siga reducindo.
Dende a CIG-As Pontes vemos unha situación moi preocupante social e laboral xa que non se acaba de ver o fin a esta inercia negativa do desemprego, incrementándose a gravidade da situación segundo os desempregados/as van esgotando as súas prestacións por desemprego.
Os poucos proxectos que poida que se instalen na localidade non xeran un número de emprego que minimice o que se destrúe nin son proxecto que xeren estabilidade laboral coma se está a demostrar coas últimas empresas instaladas, como é o caso da mencionada CONSTRUCIONES TÉCNICAS DE RADIOTERÁPIA ou BIOMASA FORESTAL que xa despediu a metade dos traballadores/as que contratara.

También podría gustarte
Comentarios