Nota de prensa BNG: EN RESPOSTA AO BNG, GUERRA RECOÑECE A GRAVIDADE DA SITUACIÓN DO GRUPO EINSA

Fernando Branco lamentou a “falta de compromiso” do conselleiro de Industria para interceder no conflito
Santiago de Compostela, 23 de maio , 2012.Pleno- O deputado do BNG, Fernando Branco Parga formulou hoxe unha pregunta en sesión plenaria, ao Goberno, polo trámite de urxencia sobre a actual situación económica do Grupo Einsa.
Pola súa parte, o conselleiro de Industria, Javier Guerra recoñeceu “a gravidade da situación máis non se comprometeu a interceder no conflito”.


Na súa intervención, Branco Parga que previamente saudou aos representantes do comité de empresa presentes no debate, explicou que o Grupo Einsa recibiu nos últimos 11 anos, 50 millóns de euros de fondos públicos. Sen embargo, a empresa cun pasivo de 44 millóns de euros comunicou á Representación Sindical un Plan de reestruturación e como mediadas de axuste plantexa “29 despedimentos, 26 xa efectivos e unha redución salarial do 18%” para o cadro de persoal que, segundo Branco Parga suporá a cantidade media de 4.500 euros ao ano.
Ante esta situación, o deputado nacionalista solicitou que a Xunta de Galiza estableza unha moratoria dos préstamos concedidos a través de XesGalicia á empresa pero baixo a condición de comprometerse ésta ao mantemento dos empregos e o nivel salarial dos traballadores.
Trala reclamación do nacionalista, o conselleiro de Industria non rexeitou a solicitude pero eludiu formular “algún compromiso” de mediador no conflito o que a xuízo do parlamentario do BNG, “debería ter realizado ante os membros do comité de empresa” presentes na Cámara.
Os representantes dos traballadores do Grupo empresarial Einsa, rematado o debate, foron desaloxados do Parlamento galego polos membros de seguridade da Cámara despois de gritar dende a tribuna do público, “Einsa solución o noso salario non é subvención”

También podría gustarte
Comentarios