O “EQUIPO DE REGATAS OBRADOIRO CR” COMPETIRÁ NO MUNDIAL DE VELA

Os ponteses Chucho Suárez e Yoli Chao, integrantes de “Equipo de Regatas Obradoiro CR”, participarán no Campionato Mundial de Vela Vaurien 2016, en Viana do Castelo, do 23 ó 30 de xullo.

Os ponteses Chucho Suárez e Yoli Chao, integrantes de “Equipo de Regatas Obradoiro CR”, participarán no Campionato Mundial de Vela Vaurien 2016, en Viana do Castelo, do 23 ó 30 de xullo.

Trátase dunha das competicións máis importantes, dentro da vela lixeira e da máis relevante na Clase Vaurien, na que se dan cita os deportistas máis destacados desta modalidade e que atrae a un numeroso público afeccionado ós deportes náuticos.

Chucho e Yoli forman un equipo de regatas mixto, cheo de experiencia na vela lixeira e de paixón pola navegación que xa participou na Copa de España (Vigo) e que acadou o 5º posto no Campionato Ibérico de Vela Vaurien (Extremadura).

Ámbolos dous son socios do Clube de Vela Fluvial As Pontes e son navegantes habituais no Lago de As Pontes, onde levan tempo adestrando e preparándose de cara a esta cita deportiva.

Luis (Chucho) Suárez, á caña do vaurien é un experto navegante, metade tinerfeño e metade pontés. Leva competindo na vela lixeira 25 anos e xa participou en 3 Campionatos Mundiais de Vela Vaurien: Sneek (Holanda), Leça da Palmeira (Portugal) e Laredo (España), no que acadou o posto 21.

Ademáis, Chucho Suárez, é profesor de vela e adestrador para a competición no Clube de Vela Fluvial As Pontes.

Yoli Chao, a proel, será a primeira pontesa en participar no Campionato Mundial de Vela Vaurien. A pesar da súa curta traxectoria deportiva, debido a que leva un ano na competición autonómica e nacional con diferentes equipos, xunto a Chucho Suárez acadou o 5º posto no Campionato Ibérico de Vela Vaurien, en Extremadura.

Para facer posible esta aventura deportiva, na que Chucho e Yoli se embarcaron, “Equipo de Regatas Obradoiro CR” conta co apoio de diferentes entidades: Turismo As Pontes, Óptica Cortizas Centro Auditivo, Bar Labrego, Bar Botellería, Bar Deportivo Date el Gustazo Playa, Deportes Lecar 712, Mesón 7 Camiños e Obradoiro CR.

Nova cortesía de Ildara Galdo

También podría gustarte
Comentarios