[Diario de Ferrol] A casa consistorial de San Sadurniño acollerá hoxe, a partir das 20.00 horas, o acto de presentación pública do programa de axudas ao desenvolvemento rural Leader+. A asociación Euroeume, que abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Moeche, Monfero, Pontedeume, As Pontes, As Somozas, Vilarmaior e San Sadurniño colabora na iniciativa, xestionando o mencionado programa co Grupo de Desenvolvemento Rural na comarca. Á convocatoria están invitadas tódalas persoas e entidades interesadas en poñer en marcha ou mellorar algunha actividade que propicie o desenvolvemento dos espazos rurais. Os que desexen acollerse á convocatoria teñen que traballar no territorio de Euroeume, no que está San Sadurniño, e os proxectos deben enmarcarse nunha serie de directrices. Entre as liñas a seguir están a dinamización do sector agrario e forestal; a mellora ambiental e do contorno rural e a diversificación da economía rural e a mellora da calidade de vida.
Segundo o tipo de actividade, as axudas poden darse para proxectos que impliquen actividades produtivas empresas e emprendedores ou non produtivas concellos e entidades sen ánimo de lucro. Os que desexen acollerse ao programa Leader+ que se prolongará ata 2013 poderán presentar as súas propostas para a construción, mellora e adquisición de inmobles, maquinaria, equipamento, estudos técnicos ou vehículos.
Novas
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NA COPA DE ESPAÑA 2024 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España de Barco Dragón
- RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA 4ª REGATA DO III CIRCUITO PROVINCIAL DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL NA 57ª BAIXADA DO EUME
- RESULTADOS CLUBE GRUPO XUVENIL NO DESCENSO DO SELLA
- RESUSLTADOS DO CLUBE DE PIRAGÜISMO GRUPO XUVENIL DE AS PONTES NOS CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE SPRINT DE XOVENES PROMESAS
- Experiencia piloto no CEIP A Fraga
- Campamento de ciencia e tecnoloxía 2024 Amigus
- Clube Náutico Folixa na Regata Nacional Barco Dragón BCS contra o cancro de mama
- RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA 3ª REGATA DO III CIRCUITO PROVINCIAL DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios