Venezuela tamén terá Sw Libre nas Administracións Públicas

Lendo agnix.org:
“O controvertido presidente de Venezuela, Hugo Chávez, decretará o uso do Sw Libre nas Administracións Públicas Nacionais e maila instalación de 343 infocentros en todo o país antes de que remate o ano. Nun acto oficial no Palacio Miraflores sinalou: ‘Estamos traballando nun decreto para establecer en Venezuela, dun xeito oficial e obrigatorio, o fomento e adopción do Software libre para a Administración Pública’ “…


…”O mandatario nacional asegurou que o obxectivo de adopta-lo Software Libre é logra-la independencia tecnológica e informática de Venezuela. ‘Esta decisión é para acada-la independencia científica nacional para non seguir dependendo do software de propietarios, o coñeocemento non ten propietarios, a propiedade intelectual é unha trampa do neoliberalismo’.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios