Campeonato galego da clase Vaurien 2017 – XVIII Regata Vila de As Pontes
Arranca mañá sábado no lago de As Pontes a disputa do Campeonato Galego para a clase vaurien de vela lixeira, organizado polo Club de Vela Fluvial As Pontes, e no que estarán presentes os mellores regatistas galegos da clase.
Arranca mañá sábado no lago de As Pontes a disputa do Campeonato Galego para a clase vaurien de vela lixeira, organizado polo Club de Vela Fluvial As Pontes, e no que estarán presentes os mellores regatistas galegos da clase destacando Tone Pérez, subcampeón do mundo 2016 e campeón da Copa de España 2016; Pablo Cabello e Javier Lago, campeóns de España 2016 e da Copa de España 2017, e que ademais tentarán de revalidar o título de campeóns galegos conseguido o ano pasado en Vigo; e Alejandra Suárez, campeona do mundo 2014 e 2016. Todos eles pertenecientes o Real Club Náutico de Vigo.
Asimismo esta confirmada a presencia de regatistas dos clubes náuticos de Hondarribia (Guipúzcoa) e Santoña (Cantabria).
As prediccións meteorológicas que avanzan moi boas temperaturas en As Pontes e vento de entre 9 e 13 nudos sobre a capa de auga do lago pontés auguran que a cita da vela de este fin de semana pode chegar a ser un auténtico éxito. Ademáis a cantidade de eventos que este fin de semana se celebran na vila pontesa permitirá que moitos veciños e visitantes se acheguen ata o lago de As Pontes a ver a competición.
A saída da primeira manga do sábado esta prevista para as 14:00 hs.
A saída da primera manga do domingo esta prevista para as 11:00 hs.