20.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (XV)

47-ANXINAS; 48-ASMA; 49-BRONQUITES; 50-FARINXITES; 51-GRIPE; 52-OTITES; 53-RESFRIADO e 54-SINUSITES.


47-ANXINAS: (Amigdalites): Inflamación das amígdalas.
Síntomas: Dor na garganta, dificultade ó tragar, hinchazón dos ganglios, perda da voz.
Causas: Víricas.
Fitoterapia:
-Áloe: (Aloe vera) Gargaras co zume diluido en auga.Aliso : (Alnus glutinosa) Gargara co cocemento durante un cuarto de hora de 60 gr. de corteza seca por litro de auga.)
-Agrimonia: (Agrimonia eupatoria) Gargaras co cocemento dunha presa de follas secas nun litro de auga endulzada con mel. Infusión de 40 gr. da planta seca por litro de auga. 2 cuncas ó día.
-Malva: (Malva sylvestris) Gargaras coa cocedura das flores e follas secas.
-Bieiteiro: (Sambucus nigra) Gargaras coa infusión de 20 gr. de flores secas nun litro de auga.
48-ASMA: A asma é unha enfermidade que supon unha gran dificultade ao respirar, por estreitamento das canles bronquiais.
Síntomas: Dificultade respiratoria, son ó traga-lo ar, canseira, segregacions, cor azulado da pel.
Causas: Alerxia ó po e ao polen. Causas climáticas: frío e humidade. Problemas de saude corporal: catarro, fígado, intestino etc. Inxestión de certos alimentos: conservas, fresas etc. Carácter ansioso e irascible.
Fitoterapia: Uso interno:
-Anxélica: (Angelica silvestris) Amolecer durante 30 minutos de raíces secas en auga fervendo. Una cunca despois de cada comida.
-Espiño: (Craetagus oxycanta) Infusión de flores secas. Catro cuncas ó día.
-Estramonio: (Datura stramonium) Cigarros coas follas. ¡¡¡ Planta alcaloide. Usar con prudencia !!!!
-Hipérico: (Hipericum perforatum) Infusión dunha cullerada de flores por cunca. Tres cuncas ó día.
-Menta de auga: (Menta aquatica) Infusión dunha culleradiña de follas secas. 3 cuncas ó día despois das comidas.
-Parietaria: (Parietaria officinalis) Media cullerada tres veces ó día do po das follas secas.
-Romeo: (Rosmarinus officinalis) Infusión de flores ey follas secas en viño. Duas copiñas ó día.
-Sarxa: (Salvia officinalis) Cocemento dunha culleradiña de follas secas por cunca. Duas ou tres cuncas ó día.
-Tomiño: (Thymus vulgaris) Infusión de 40 gr. da planta seca por litro de auga. Tres cuncas ó día.
-Tusílago: (Tussilago Farfara) Cigarriños coas follas secas.
-Valeriana: (Valeriana officinalis) 20 gr. de raíz seca en maceración durante unhas horas. Tres cuncas ó día.
49-BRONQUITES: A bronquites é unha enfermidade consistente na inflamación dos bronquios.
Síntomas: Tose, dor no peito, secrecions, feble, dificultade na respiración etc.
Causas: Consumo de tabaco. Outras enfermidades respiratorias non coidadas no seu momento. Lugar de traballo inadecuado: fumes, gases, calefacción etc. Bronquites crónica, causada fundamentalmente polo tabaco.
Fitoterapia: Emoentes: (Ablandan as concentracions)
-Malva: (Malva sylvestris) Infusion durante 10 minutos de duas culleradas de follas secas por cunca de auga. Para aumentar o su valor emoente puedense tomar con mel.
Expectorantes: (facilitan a expulsión das secrecions)
-Eucalipto: (Eucaliptus globulus) Cocedura dunha presa de follas por litro de auga. Aspirar os vapores tapando a cabeza cun pano.
-Farfara: (Tussilago farfara) Infusión de duas culleradas de follas ou flores secas por cunca. 2 cuncas ó día endulzadas con mel.
-Marrubio: (Marrubium vulgare) Infusión de 20 gr. de flores por litro de auga. Duas cuncas ó día.
-Primavera: (Primula veris) Infusión de 60 gr. de rizoma por litro de auga. Endulzar e tomar 4 cuncas ó día.
-Polígala: (Poligala Rupestris Pourret) Infusión dunha cullerada da planta seca cada medio vaso de auga. Tomar varias culleradas endulzadas, ó día.
-Violeta: (Viola odorata) Tres culleradas de raíces secas, por litro de auga, durante 20 minutos. Tomar 4 culleradas ó día.
Béquicos: (calmantes da tose)
-Papoula: (Papaver rhoeas) Infusión duns cachiños de pétalo por cunca de auga. 2 cuncas ó día. Cocemento durante 6 minutos de 2 cápsulas por vaso de auga, 6 culleradas antes de deitarse.
-Col: (Brassica oleracea) 4 culleradas diarias do zume da col, producido por presión da planta.
-Farfara: (Tussilago Farfara) Fumar cigarriños feitos coas follas secas.
-Gordolobo: (Verbascum thapsus) Infusión de 15 gr. de flores secas, por litro de auga. Filtrar cun colador de lenzo e tomar 4 cuncas al día.
-Leituga: (Lactuca sativa) Cocemento de 100 gr. de lechuga nun 1 litro de auga. Tres cuncas ó día.
-Loureiro: Infusión dun par de follas nunha cunca de auga, durante 10 minutos. 4 cuncas ó día.
-Malva: (Malva sylvestris) Infusión durante 5 minutos dunha cullerada de flores con duas follas de eucalipto.
-Margarida menor: (Bellis perennis) Infusión dunha cullerada da planta seca por cunca de auga. 3 cuncas ó día.
-Meliloto: (Melilotus officinalis) Infusión dunha culleradiña de flores secas por cunca. 2 cuncas ó día.
-Cardencha: (Dipsacus fullonum) Tres cuncas ó día coa infusión de 30 gr. de raíz por litro de auga. Verter a auga sobre da raíz e deixala repuosar 15 minutos.
Uso externo:
-Liño: (Linum usitatissimum) Cataplasma de fariña de liñaza. 50 gr. de fariña por vaso de auga. Coloca-la pasta nun anaco de tela e apoiar sobre o peito.
50-FARINXITES: Inflamación da farinxe.
Síntomas: Dor na gorxa, tose, irritación, etc.
Causas: Víricas. Ambente de traballo moi contaminado polo fume, po, etc. Tabaco ou alcohol. Demasiado esforzo para as cordas vocais ó berrar.
Fitoterapia: Uso Interno: Tomar diariamente algún béquico.
-Correola: (Plantajo major) Gargaras coa infusión da planta seca.
-Loureiro: Infusión dun par de follas nunha cunca de auga durante 10 minutos. 4 cuncas ó día.
-Manzanilla: (Matricaria Chamomilla) Gargaras coa infusión da planta seca.
-Sarxa: (Salvia officinalis) Gargaras coa infusión da planta seca.
51-GRIPE: A gripe é unha enfermidade do aparato respiratorio causada por un virus.
Síntomas: Feble, dor de cabeza, dores musculares, canseira, estornudos, etc.
Causas: Virais.
Fitoterapia: Uso Interno:
-Allo: (Allium sativum) Crú en ensalada.
-Borralla: (Borrago officinalis) Infusión dunha cullerada de follas secas por cunca. Tres cuncas ó día.
-Eucalipto: (Eucaliptus globulus) Cocemento de 20 gr. de follas secas por litro de auga. 2 cuncas ó día endulzadas con mel.
-Correola: (Plantago major) Xarope feito co zume da planta mesturado con azucre a partes iguais. Dos culleradas ó día.
-Loureiro: Infusión dun par de follas nunha cunca de auga durante 10 minutos. 4 cuncas ó día.
-Romeo: (Rosmarinus Officinalis) Infusión de follas e flores secas. Tres cuncas ó día.
-Verbena: (Verbena officinalis) Cocemento durante 25 minutos de 100 gr. de follas secas por litro de auga. 2 cuncas ó día.
52-OTITES: A otites é unha inflamación do oído.
Síntomas: Dor no oído.
Causas: Doenzas respiratorias na farinxe ou larinxe: farinxites, resfriado, gripe, etc. Oídos tapoados. Lesión producida por algún bruido violento. Exposición nun lugar con demasiado bruido continuado.
Fitoterapia: Uso externo:
-Olivo: (Olea europea) Introducir soavemente un algodón empapado con aceite.
-Col: Fritir en aceite de oliva virxe rabos de berza, pelados e cortados en anacos duns tres cms. Non deixar que se tosten moito, compre salcalos cando comenzado a poñerse algo douradiños. Coar o aceite e aplicalo moniño, duas ou tres gotas tres veces ó día ata que desapareza a dor.
Uso interno:
-Eucalipto: (Eucaliptus globulus) Aplicar o vafo do cocemento durante 2 minutos, dunha presa de follas secas.
-Lamio: (Lamium album) Aplicar o vafo do cocemento durante 2 minutos, dunha presa de follas secas.
-Bieiteiro: (Sambucus nigra) Aplicar o vafo resultante do cocemento dunha presa de flores secas.
53-RESFRIADO: O resfriado é unha afección do aparato respiratorio causada por virus.
Síntomas: Tose, afonía, nariz tapada ou con moco, feble etc.
Causas: A causa real é vírica anque hai certas conductas que predispoñen a debilitar as nosas defensas facendo que os virus invasores se impoñan. Mala alimentación: pobre en alimentos ricos en vitaminas. Demasiado esforzo físico. Uso excesivo da calefacción ou levar posta demasiada roupa. O tabaco.
Fitoterapia: Uso Interno:
-Malva: (Malva silvestris) Infusión durante 10 minutos dunha cullerada de flores por cunca de auga. 4 cuncas ó día.
-Polipodio: (Polypodium vulgare) Unha culleradiña de po do rizoma seco endulzado, antes das comidas.
-Bieiteiro: (Sambucus nigra) Infusión durante 10 minutos de 20 gr. de follas secas por litro de auga. Tomar varias copas o longo do día.
54-SINUSITES: A sinusites és unha inflamación dos seos nasais.
Síntomas: Dor de cabeza, e dos seos nasais, fluxo de cor amarelo-verdoso, etc.
Causas: Algunhas enfermidades relacionadas coos seos nasais: resfriado, gripe etc. Dentes en mal estado.
Fitoterapia: Uso interno:
-Eucalipto: (Eucaliptus globulus) Cocemento dunha presa de follas. Aspirar os vafos cubrindo a cabeza cun pano.
-Verbena: (Verbena officinalis) Cataplasma coa planta picada mesturada con clara de ovo. Poñer nun anaco de pano e colocalo toda a noite sobre da zona afectada.

También podría gustarte
Comentarios