30.-REFEITAS DE INFUSIÓNS (II)

Segunda entrega.


-de Borralla: para inflamacións das vías urinarias e afeccións respiratorias (catarros bronquiais, tose, ronqueira…), así como sudorífico: preparar unha infusión cuns 15 gramos de flores en medio litro de auga fervendo, deixando cocer uns 30 minutos. Tomar quente adulzado con mel ou azucre.
-de Camedrio ante diarreica: Facer unha infusión engadindo dúas culleradas de sumidades de Camedrio por cada litro de auga. Tomar sempre antes das comidas se desexamos efectos contra a diarrea.
-de Camedrio para feridas rebeldes e as hemorroides: Facer unha infusión engadindo dúas culleradas de sumidades de Camedrio por cada litro de auga. Aplicase como baños e compresas sobre das partes afectadas.
-de Allo: arterioscleroses: Poñer a remollo en 200 g de alcohol de 60°, durante 10 días, 50 g de Allo cortado en cachos pequenos. Doses: 1/2 culleradiña cada noite en dous dedos de auga adulzada. O tratamento no ten limitación de tempo. Nos casos de asma bronquial, poñer a remollo durante una semana, en 200 g de augardente, 100 g de Allo cortado a cachiños; tomar media culleradiña antes de deitarse.
-de Albacora para vómitos e vertixe: Poñer unha culleradiña de follas secas de albacora nunha cunca de auga fervendo, como se fose para té. Tomase a razón dunha cunca chea cada vez que se sinta o malestar.
-de Albacora: tónico estimulante contra da dispepsia: Poñer 10 g de follas de albacora, fresca esmiuzada, nun litro de auga fervendo. Deixar depositar e adulzar abondosamente. Doses: 2 ou 3 vasiños antes de cada comida. Duración do tratamento: non ten limites precisos, pero é axeitado interrompelo, de cando en vez, durante 10 ou 15 días. A infusión utilizase tamén para uso externo como loción para a caída do pelo e para reactivar o movemento de órganos paralizados, refregando enerxicamente a parte afectada despois de habela bañado co liquido.
-diurética de Apio: Poñer 10-15 g de raíces de Apio en 200 g de auga, manter nun lume relativamente moderado. Doses: consómese nas vintecatro horas, a vasiños. Duración do tratamento: vinte días seguidos; despois, facer unha parada de dez días e volver a comezar.
-sedante e antiespasmódica: Deixar varias horas en infusión, 0,2 g de Azafrán nun litro de auga e filtrar. Doses: dúas cuncas ó día. Duración: ata que se vaian os síntomas do malestar.
-de azafrán, Pasiflora e Valeriana para estados depresivos: Poñer en infusión nunha cunca con auga fervendo, dous gramos de estigmas de azafrán, 10 g de Pasiflora e 2 g de Valeriana. Engadir algunhas gotas de limón e azucre en cantidade suficiente para facer unha tisana agradable. Doses: dúas cuncas ó día. ben quente, especialmente pola noite antes de deitarse. Duración: non ten limite.
-antigripal de Canela: Poñer en infusión 5-10 g de carapela de Canela nun litro de auga fervendo. Pasase por un coador e bebese aínda quente. Doses: un ou dous vasiños ó día, mellor pola noite antes de deitarse. Duración: ata que desaparezan os síntomas.
-de Loureiro, estomaquica e dixestiva: Poñer 10-15 g de follas de Loureiro fresco nun litro de auga. Deixar repousar durante cinco minutos, colar, e beber a infusión aínda quente e ben adulzada. Doses: un vasiño despois das comidas principais. Duración do tratamento: non ten limitación.
-de Maiorana para neuroses gástrica: Verter en cinco decilitros de auga fervendo, 5 g de flores de Maiorana e 5 g dunha mestura de follas de Tomiño e de Menta. Deixar arrefriar lixeiramente e filtrar. Doses: unha cunca do té despois de cada comida, adulzada con azucre. Tomase so cando a dixestión é difícil.
-de flores e follas de Ourego: diurética, emenagoga, favorece a expectoración nos que padecen de asma ou de tose rebelde: Unha cullerada de sumidades florais de Ourego nunha cunca de auga quente. Filtrar e adulzar con mel. Doses: unha ou dúas cuncas ó día, quente. duración: non ten limite.
-anticatarral de Ourego: Poñer en infusión nun litro e medio de auga, 15 g de Ourego, 60 g de uva seca sen sementes, 30 g de pedúnculos de cereixa, e 60 g azucre. Filtrar inmediatamente. Doses: 2 ou 3 taciñas ó día. duración: debe continuarse ata que desapareza o catarro.
-diurética de Perexil: Verter 30 g de sementes de Perexil en 200 g de auga fervendo. Agardar uns 15 minutos e despois filtrar o liquido. Doses: bebelo en dúas tomas, cun intervalo de tres horas aproximadamente entre a primeira e a segunda vez. Duración: dúas semanas, despois, suspender durante oito días e volver.
-de Perexil: gastralxia, acidez do estómago: Deixar en infusión durante 10 minutos, 5-10 g de sementes de Perexil en 5 decilitros de auga fervendo. Doses: unha cunca de auga quente ó remate de cada comida. Duración: non ten.
-de Eucalipto para alteracións nerviosas e cardíacas: Para estas aplicacións se pódese facer unha infusión cunha presa de follas secas de Eucalipto nunha cunca de auga. Deixar repousar uns minutos e tomar dúas a tres veces ó día adulzada con mel.
-de Fiúncho: estimulante emenagoga, diurética e carminativa. Depositar unha cullerada de sementes de Fiúncho nunha cunca de auga fervendo. Doses: unha cunca despois de cada comida, ben quente. Duración do tratamento: non ten limite.
-de Maiten: Preparase cunha cullerada de follas secas de Maiten para beber unha cunca de auga fervida. Beber ata catro cuncas ó día. A súa aplicación é como febrífugo.
-de Maqui: Preparase cunha cullerada de froitos de Maqui para unha cunca de auga fervida. Beber tres ou catro veces ó día. Contra da diarrea e a disentería.
-de Correola: Preparase engadindo auga fervida a unha folla grande ou tres pequenas de Chantaxe. Deixar repousar e adulzar con mel. Beber quente dúas ou tres cuncas por día. Usase para resfríos.
-de Correola: Coa auga dunha infusión ou dun cocemento de Chantaxe empapase un pano ou algodón e limpase a ferida. Usado para curar feridas e tratar conxuntivites.

También podría gustarte
Comentarios