Amigus
As Pontes

33.-REFEITAS DE INFUSIÓNS (V)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Quinta e ultima entrega.


-para urticaria e estrinximento: en 100 g de auga fervendo botar 6 g de Ruibarbo e 2 g de bicarbonato. Beber quente pola noite antes de deitarse.
-para tratamento de veas varicosas: Poñer en infusión durante todo o día 70 g de follas de Castaño de indias secas en 50 g de alcohol de 70º. Filtrar e botar nunha botella con tapón. Tomar un vasiño o día.
-suorifica para uso interno: Poñer en infusión 5 g de planta de Mercadela en 100 g de auga. Deixar arrefriar e coar. Beber todo nas vintecatro horas, tres ou catro días seguidos, se fora preciso volver a tomar despois dun descanso.
-expectorante: Coller 5-10 g de rizoma de Lirio cortado moi miúdo e verter por encima 200 g de auga moi quente. Tomar 2 ou 3 culleradas o día.
-para catarros e disentería: Quentar un litro de auga ata que comece a ferver, retirar do lume e botar 20 g de raíces e flores de Nenufar. Deixar arrefriar e filtrar. Tomar de 2 a 4 vasiños o día durante a xornada.
-para afeccións briquiais, catarrais e do aparato urinario: Prepárase con 30 g de xemas de Pino nun litro de auga. Beber a cuncas.
-calmante do sistema nervioso: Amolecer en frio de 6 a 8 horas, 8 g de raíz de Valeriana en 180 g de auga, aumentados a doses para casos mais graves. Tomar 2 ou 3 vasiños ó día, un par de semanas, parar oito días e volver se fora preciso.
-diurética: Deixar amolecer en 200 g de auga quente 20 g de follas de Herba pombiña. Coar e tomar 2 ou 3 cuncas o día durante quince días seguidos, despois parar cinco días.
-diurética e antegotosa: Ferver 10 ou 15 baias de Carapulla durante 5 minutos nun litro de auga, deixando despois en infusión por 10 minutos. Beber 1 vasiño pola maña e outro á noite antes de comer.
-diurética: Poñer a amolecer unha hora 20 g de raíz de Galceran nun litro de auga quente. Filtrar e adulzar. Tomar 1 ou 2 cuncas o día.
-de limón para o reumatismo: Ferver o zume dun limón nuns 200 g de auga, ata que quede na mitade. Beber esta cantidade durante uns 3 ou 4 días seguidos, parar dous días e volver a tomalo.
-sedante, antenervioso e hipnotico para nenos: Poñemos 200 g de auga con 20 ou 30 g de flores de Laranxo frescas, ou ben 5 a 10 g secas. Ddespois dalgunhas horas filtramos e conservamos nun frasco pechado. Tomar de1/2 a 1 culleradiñas o día, somentes en caso de necesidade.
-diurética e antegotosa: Amolecer 20-25 g de xemas ou follas de Bidueiro nun litro de auga, cobrir e manter a unha temperatura de 40º, engadir 1 g de bicarbonato de sosa e deixar amolecer 5 ou 6 horas. Beber a vasiños, a razón de 2 ou 3 veces o día polo menos 15 días.
-diurética: Deixar en infusión durante unha semana 4 ou 5 baias maduras de Xenebreiro nun decilitro de auga. Tomar un vasiño o día.
-diurética, anteartrítica e antereumática: Deixar en infusión 2 ou 3 culleradiñas de Ortiga nunha cunca de auga quente. Tomar 3 cuncas o día.
-para inflamacións do aparato respiratorio: Deixar en infusión unha hora 5 g de flores de Sabugueiro nun litro de auga quente. Tomase xunto con unha ou dúas culleradas de auga quente por cada unha de infusión. Deste xeito provocase unha abondosa suoradión. Tomar 2 ou 3 noites seguidas.
-anteneuralxica e antereumática: Deixar en infusión por unha hora 2 g de follas de Herba santa en 100 g de auga. Usar coma un analxésico normal.
-para rebaixar a albumina do mexo: Poñer en infusión 30-50 g de follas e carapela de Bidueiro nun litro de auga. Filtrar e engadir unha ou duas culleradiñas de bicarbonato sódico. Tomar 2 ou 3 cuncas o día.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios