MINA DE ANDALUCITA INNEGOCIABLE

O mércores 22 de Febreiro Xose Luis Baleato Secretario Xeral da Federación Ecoloxista Galega (FEG) asistiu representando a Guerrilleir@s das Fragas-FEG a unha reunión convocada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, para tratalas posturas sobre a mina de andalucita proxectada no Monte Fontardión no Parque Natural Fragas do Eume. Nesta reunión o representante do Concello de As Pontes asegurou que: “Guerrilleir@s das Fragas-FEG consideraba que a instalación da mina de andalucita podería ser negociada coas medias compensatorias e correctoras oportunas.”, A Guerrilleir@s das Fragas-FEG preocúpalle esta afirmación, esperando que sexa froito dun mal entendido e non realizada con mala fe. Nun escrito dirixido o alcalde do Concello de As Pontes, solicitámoslle que os representantes do Concello en vindeiras reunións ou actos públicos se limiten estrictamente a desenrolar a súa función, e expuxémoslle a oposición a calquera actuación que afecte seriamente o espacio natural mais relevante de Galicia.


Consideramos que a mina de andalucita é innegociable polas seguintes razóns:
1. Situase a escasos 800 mts do Canon do Eume a zona de maior valor do Parque Natural Fragas do Eume.
2. Afecta a especies raras: como a unha aguia coñecida como Tartaraña cincenta, a Salamántiga galega ou o Bufo real, neste último caso a mina situase a menos de 2 km do lugar de nidificación dunha das 10 parellas existentes en Galicia.
3. Afecta a especies emblemáticas da nosa fauna: o Lobo vai ver reducidos os seus territorios habituais e terá que ocupar outros mais humanizados cos problemas que isto ocasiona.
4. O Monte Fontardión e o corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e o Lugar de Interese Comunitario Xubia-Castro xa que o entorno circundante esta moi alterado a consecuencia da escombreira da Central Térmica de ENDESA e o Encoro do Eume.
5. Impacto ambiental a longo prazo: a vida estimada da mina de andalucita é de 54 anos nos cales mutilarase irreversiblemente a ladeira norte do Monte Fontardión rebaixando o perfil en 140 mts..
6. A execución deste tipo de proxectos en espacios naturais legalmente protexidos é preocupante debido o que podería acontecer nos espacios naturais non protexidos ou baixo figuras de protección de menor rango.
As minas son un atentado á paisaxe, unha agresión visual e sonora, ademais dunha destrución do propio medio físico e biolóxico que resulta dificilmente compatible coa preservación dos hábitats de importancia europea afectados, ou coa protección das especies ameazadas que campan pola zona. Pero si non é suficiente as minas crean postos de traballo precarios, cos 6 millóns de Euros de inversión pública existente neste proxecto, poderíanse crear postos de traballo dignos en áreas moi diversas: Restauración forestal, reparación e mantemento de sendas naturais, vixilancia , guías da natureza e equipos de educación ambiental específicos para a poboación local. Estas actividades, xunto cun turismo correctamente orientado e xestionado, deixaría moitos máis recursos nas zonas rurais e favorecería a conservación da natureza dun xeito sustentable.
Co anteriormente exposto resulta incrible a postura de defensa deste proxecto por parte do Concello de As Pontes, as posibles explicacións son:
1. O Concello é propietario dunha parte considerable dos terreos afectados co que se sanearían as depauperadas arcas municipais.
2. A creación de postos de traballo podería salva-lo do fracaso nas vindeiras eleccións, a un partido carente de ideas a nivel local e con serios problemas na estructura interna a nivel nacional.
Guerrilleir@s das Fragas – FEG
Apto. 41.15320. As Pontes. A Coruña
Xeneta@hotmail.com
Tel. Contacto: 657549731

También podría gustarte
Comentarios