Nota de prensa BNG: O BNG DENUNCIA A ACTITUDE DE EINSA E APOIA AS DEMANDAS DOS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

As pretensións da empresa, que inclúen 29 despedimentos, virían a complicar máis a xa crítica situación na localidade con 1.079 persoas desempregadas no mes de abril.
As Pontes, 5 de maio de 2012.- O venres reuníanse os grupos políticos municipais coa representación social da empresa Einsa, xuntanza na que os sindicatos diron conta da proposta da empresa de reducións salariais e de plantilla.
Para o BNG, a intención da empresa é que sexan os propios traballadores e traballadoras quenes a refinancien, sen garantía de futuro máis aló de 2014, cargando sobre deles as consecuencias dunha pésima xestión, e pechándose a contemplar outras medidas de redución do gasto e de aumento de ingresos.
O BNG respaldou a petición da representación social de mediación do Concello diante da empresa e da Consellaría de Industria e, por este motivo, xa rexistrou iniciativas no Parlamento Galego (que adxuntamos).
Os 29 despedimentos que pretende a empresa engadiríanse, segundo os sindicatos, ao ERE de extinción de 22 contratos que se resolverán o día 18 por parte da empresa Canosa.


O BNG manifesta, unha vez máis, a súa ampla disposición de colaboración coas organizacións políticas e sindicais da localidade para traballar na mellora da situación crítica que se evidencia nos dados do paro do mes de abril, a máis alta dos últimos dez anos: 1.079 veciños e veciñas, aumento que se produce nuns tempos de perda e envellecemento da poboación pontesa.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios