Amigus
As Pontes
Viendo la categoría

Tecnoloxía

Calendario

Agosto 2025
M T W T F S S
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Curso de Robot TPbot

O vindeiro sábado 12 de abril terá lugar no local de Amigus, Av. de Ortigueira 68-70, un curso de balde sobre programación e robótica co robot TPbot e a placa micro:bit, impartido por Ciencia Kids. O curso vai dirixido a nenas e nenos de…

Obradoiro de Nadal

O 21 de Nadal en Amigus faremos un obradoiro de 10 a 12:30 no que montaremos unha estrela de Nadal con arduino nano que os rapaces poderán levar para alumalo Nadal na súa casa. Para este obradoiro poderán vir acompañados por un adulto…

Experiencia piloto no CEIP A Fraga

Este curso que ven de rematar, a asociación Amigus estivo a colaborar co CEIP A Fraga no ámbito das TIC's co préstamo dunha das nosas impresoras 3D para achegalas ó alumnado. Logo dunha pequena charla de introdución ó 3D á que asistiron…

Campamento de ciencia e tecnoloxía 2024 Amigus

Presentamos o campamento de ciencia e tecnoloxía 2024 de Amigus, que este ano presentará dous cambios. Primeiro, que se traslada do habitual Lar ó local do pulpo a carón do parque da Fraga e tamén retrasa a súa celebración ata a terceira…

X Maker Faire Galicia 2024

Hoxe sábado terá lugar a primeira de tres entregas da nova Maker faire, que celebrando o seu décimo aniversario da un xiro para voltar á orixe, como reflicte o emprazamento que volta a estar en Área Central. A xornada terá dez horas…

Curso de micro:bit

O pasado sábado tivo lugar no local da asociación o curso de micro:bit no que as rapazas e rapaces que cubriron de novo tódalas prazas dispoñibles puideron contactar coa placa inglesa e familiarizarse coa súa programación, dende ler e…

Curso de micro:bit

O vindeiro 6 de abril, Amigus volve impartir un curso de balde grazas á deputación da Coruña e ó concello das Pontes. Desta volta, será o turno da placa da BBC micro:bit que ofrece todo un mundo de posibilidades para a imaxinación da…

Curso de Echidna shield para Arduino

Este pasado sábado, 8 rápidos rapaces tiveron a ocasión de virse divertir con nós grazas á deputación da Coruña e ó concello das Pontes nun curso da placa Echidna para Arduino e dar un paso máis na programación por bloques con Scratch, ou…

Amigus contra as Velutinas

No noso afán de cooperar coas asociacións que o precisen, tivémola sorte de poder usalos nosos coñecementos para reparar unha trampa para velutinas da Casa do mel e así poñelo noso gran de area para a loita contra esta especie invasora.…

Amigus con stand na OSHWDem 2023

Primerio imos aclarar que é a OSHWDem para que non o sepa, a OSHWDem é unha feira tecnolóxica onde se expoñen inventos cun nexo común, todos son proxectos libres, é dicir, que as súas especificacións, esquemas e códigos foron publicados, de…

Curso intermedio de Arduino

Logo de ter feito o curso de Arduino básico, en Amigus seguimos a afondar na programación deste popular microcontrolador que permitirá ós nosos rapaces seguir a dar vida ós seus proxectos e ideas. Se xa estivechedes no curso…

Campamento de ciencia e tecnoloxía 2023

Amigus quere presentar o campamento de ciencia e tecnoloxía 2023 que terá lugar na bolera do Lar do 31 de xullo ó 4 de agosto de 9 a 14h. Ofertamos 18 prazas que se poderán solicitar dende o día 15 de xullo cun prezo de 50 €. O…

Micro:bit, obradoiro de programación

O obradoiro de programación con Micro:Bit é unha actividade para fomentar o interese e o achegamento dos nenos de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a…

Arduino Week 2022

Reeditamos, actualizando contidos e lanzando a versión en español e inglés da nosa manual "Construción de prototipos con Arduino", que utilizamos durante os pasados anos en numerosos talleres que realizamos.